Camiñar Ponteareas: Parroquia de Nogueira
Overview
Día 18 de xaneiro con saída na Igrexa de Nogueira ás 9:30h (para aparcar os coches recomendamos deixalos no torreiro do centro cultural situado a 10 min camiñando da igrexa), realizaremos esta ruta cunha distancia de 6km e unha dificultade fácil.
O percorrido pola parroquia de Nogueira, dentro do proxecto Camiñar Ponteareas, transcorrerá polos camiños da parroquia máis ao sur do concello, partindo da igrexa parroquial e rematando no terreiro, xunto ao cruceiro do Santo Cristo, coñecendo o barrio abandonado do Castelo e a parte alta da parroquia, cunhas fermosas vistas do baixo Tea, ademais de visitar o muíño das Freixas.
Actividade de taquilla inversa! Ao rematar cada quen pode aportar o que considere pola experiencia, para axudar á asociación e para seguir facendo este tipo de actividades e outras. ✍🏻💵
Good to know
Highlights
- In person
Location
Igrexa de San Martiño de Nogueira
14 Estrada a Nogueira
32160 Nogueira Spain
How do you want to get there?
Organized by
O faiado
Followers
--
Events
--
Hosting
--