¿Como preparar a empresa para a entrada dun investidor?
Overview
Este encontro está pensado para emprendedoras e emprendedores que precisan saber que documentación, procesos e responsabilidades deben ter ao día para garantir a saúde e o futuro do seu proxecto.
O enfoque será totalmente práctico e baseado na experiencia real dos poñentes. Tres módulos, tres visións expertas:
1. Obrigacións legais dunha startup
María Cerviño – Vento Abogados
Que debe cumprir unha startup desde o punto de vista legal para evitar riscos e preparar o camiño para crecer.
2. Obrigacións contables e fiscais
Anxo Barreiro – Country Director en Easor España
Os elementos contables e fiscais que toda pyme debe ter controlados e como mantelos en orde.
3. O proceso e o ciclo dunha auditoría
Abraham Rodríguez – Partner e responsable de auditoría en Audicon
Que implica unha auditoría, como prepararse e que esperar do proceso para que todo flúa sen sustos.
Como en todos os Fiadeiros de Startup Galicia, garantirase unha mestura perfecta de inspiración e práctica útil para que saias con ideas claras e accións aplicables ao teu día a día.
🗓 Data: 17 de decembro de 2025
⏰ Hora: 16:00–19:00
📍 Lugar: Stella Hub, Santiago de Compostela
Good to know
Highlights
- 3 hours
- In person
Location
Stella Hub
32 Rúa de Fernando III o Santo
15701 Santiago de Compostela Spain
How do you want to get there?
Organized by
Startup Galicia
Followers
--
Events
--
Hosting
--