Just Added

Conversa e merenda arredor da gandería extensiva

By Casa RIA

Overview

O mércores 3 de decembro, ás 18:00 h, celebramos unha nova xornada experiencial do Laboratorio Ecosocial do Barbanza en Casa RIA

O mércores 3 de decembro ás 18 h, Casa RIA acolle unha nova xornada enmarcada na programación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. A través dun formato de conversa e degustación, a sesión poñerá o foco nun dos temas estratéxicos para o futuro do territorio: o papel da gandería extensiva na conservación da biodiversidade e na prevención dos incendios forestais.


A mesa redonda reunirá especialistas para analizar os retos e oportunidades dun modelo produtivo clave para a xestión sostible do monte, así como o seu impacto social, ambiental e económico. Contará coa participación de Quico Ónega (enxeñeiro agrónomo no Laborate da USC), Laura Lagos (doutora enxeñeira de montes e investigadora asociada na UDC) e Joán Alibés (gandeiro e asesor en Beealia). A sesión será moderada por Claudia de Sas, paisaxista en Fundación RIA.


Ao remate do encontro, a conversa continúa nunha merenda-degustación inspirada na serra do Barbanza, elaborada polo cociñeiro Iago Pazos de A Cantina e grazas ao apoio de Puraga. O servizo incluirá petiscos de carne de poldro maridados con viños do Barbanza, poñendo en valor os produtos locais e as prácticas de pastoreo no ecosistema de montaña da serra.


A actividade forma parte do programa público da exposición do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, un proxecto coordinado pola Fundación RIA e apoiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Category: Food & Drink, Food

Good to know

Highlights

  • 2 hours 30 minutes
  • In person

Refund Policy

No refunds

Location

Casa RIA

Rúa da Virxe da Cerca 6

15703 Santiago de Compostela Spain

How do you want to get there?

Organized by

Casa RIA

Followers

--

Events

--

Hosting

--

€13.54
Dec 3 · 6:00 PM GMT+1