
Ampliación Curso Especialista en Protección de Datos (DPO)
Fecha y hora
Ubicación
Cidade da Cultura. Edificio da Biblioteca. Aula II
Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela
Spain
Política de reembolso
Reembolsos hasta 7 días antes del evento
Descripción
O CPETIG organiza esta segunda parte do curso de Especialista en Protección de Datos (DPO) cunha duración de 10 horas.
Obxectivos
-
Presentar unha visión xeral da normativa europea de Protección de Datos, resaltando os aspectos prácticos que afectan as entidades responsables dos tratamentos e aos seus prestadores de servizos.
-
Coñecer os principios básicos da nova normativa de Protección de Datos.
-
Ofrecer unha análise detallada das obrigacións que afectan a aquelas entidades públicas e privadas que tratan datos de carácter persoal.
-
Aprender a xestionar os dereitos dos afectados.
-
Coñecer o novo réxime sancionador, así como as funcións que asumen as autoridades nacionais e as institucións comunitarias no control do cumprimento da normativa de Protección de Datos.
-
Expoñer as novas obrigacións de seguridade e metodoloxías para a súa implantación.
-
Analizar as funcións que desenvolverá o Responsable ou Delegado de Protección de Datos ( DPO), obtendo os coñecementos da normativa requiridos para poder levalas a cabo.
Destinatarios
-
Asistentes á primeira parte do curso de Especialista en Protección de Datos (DPO) que tivo lugar no mes de setembro.
Os asistentes deberán acudir ao curso provistos dun ordenador portátil.
Matrícula
-
Ordinaria: 300 €
-
Precolexiados e colexiados de enxeñaría técnica e enxeñaría en informática, consulta no teu Colexio o código de desconto.
Coléxiate no CPETIG e benefíciate do desconto para colexiados.
Axenda do curso
O curso impartirase na aula II da biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia co seguinte horario:
-
Venres 01/02/2019: 16:30 a 21:30.
-
Sábado 02/02/2019: 09:30 a 14:30.
Formadores
A formación correrá a cargo do Centro de Formación de AENOR, e recoñecida pola AEPD como válida para a obtención de puntos e posterior presentación ao exame de Certificación DPO. O curso será impartido por:
-
Óscar López Rodríguez
Contido
-
Fundamentos de Protección de Datos: Conceptos básicos e definicións.
-
Principios de Protección de Datos: Diferenzas coa regulación anterior e enfoques de adaptación:
- Transparencia e información.
- Consentimento.
- Calidade dos datos.
- Accountability.
-
Dereitos dos interesados:
- Portabilidad.
- Limitación do tratamento.
- Acceso, rectificación, supresión e esquecemento.
- Oposición.
-
Obrigacións de responsables e encargados do tratamento:
- Obrigacións de documentación.
- Implantación de principios de “ PrivacybyDesign” e “ PrivacybyDefault” nos procesos da organización.
- Avaliación de impacto ( PIA).
- Comunicacións de datos.
- Accesos a datos por conta de terceiros.
- Transferencia Internacional de Datos.
-
Medidas de seguridade:
- Principio de seguridade no RGPD.
- Comunicacións de violacións de seguridade.
-
Delegados de Protección de Datos ( DPO):
- Estatuto do DPO. Funcións e responsabilidades.
- Oficina de Protección de Datos e cumprimento legal.
-
Autoridades de control e réxime sancionador.
Preguntas frecuentes
Inclúe este curso a certificación como DPO? Non.
O esquema de certificación da AEPD esixe exámen presencial para obter esa titulación. Aenor expedirá un diploma de asistencia ao curso.
Esta formación está aliñada co esquema de certificación da Axencia Española de Protección de Datos? Si.
A formación que se vai a realizar con AENOR contempla o recoñecemento de parte do primeiro itinerario (30 horas) para optar ao exame de certificación. Este curso de 10 horas complementa ao realizado a finais de 2018 que constaba de 20 horas.
Como información adicional, comentar que existen 3 itinerarios de 60, 100 e 180 horas de formación aliñada e recoñecida pola AEPD que imparte AENOR. Non é necesario cubrir ningún destes tres itinerarios se dispós de experiencia demostrable en cargos relacionados coa Protección de Datos.
O obxectivo final deste curso non é a certificación que, segundo o novo Regulamento Xeral de Protección de Datos, non é obrigatoria para exercer como DPO, pero si consideramos interesante que sexa recoñecida e estea aliñada co esquema da AEPD.