BAIUCA + CARLANGAS DJ SET. Play list Escoita o Camiño. Escoita Galicia
Fecha y hora
Ubicación
SALA GERMÁN COPPINI. SGAE Rúa das Salvadas, 2a
Rúa das Salvadas 2 A
15705 Santiago de Compostela
Spain
BAIUCA + CARLANGAS DJ SET
Acerca de este evento
Carlangas (Novedades Carminha) e Baiuca ofrecerán por vez primeira unha sesión DJ conxunta. Estes dous referentes do actual talento musical galego, con millóns de escoitas e descargas das súas cancións, son vellos amigos e por iso este espectáculo será, ao mesmo tempo, un combate musical e unha noite de irmandade. Estarán xuntos e enfrontados no escenario da sala Germán Coppini (Sede SGAE en Santiago de Compostela), onde se retarán disparando temazos dende as súas respectivas mesas.
Fundación SGAE organiza este evento único como punto de saída da campaña PLAYLIST: ESCOITA O CAMIÑO. ESCOITA GALICIA, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22. Trátase dunha escolma exhaustiva e especializada de música galega para o Camiño de Santiago. Un escaparate de talentos clásicos e actuais que inclúe 2022 cancións de máis de 1.000 artistas e grupos galegos organizados en 22 seleccións temáticas que ocupan máis de 136 horas de escoita. Unha ollada definitiva á achega musical galega para un desfrute universal.
Capacidade limi.
Solicitarase o pasaporte Covid antes de acceder ao evento.