Panel de acciones
Construíndo Cultura [Sábado, 3 de setembro en horario de tarde]
#PEDRA 17:00-21:00 Concerto comentado sobre a música tradicional galega e obradoiros de talla lítica e construción medieval.
Cuándo y dónde
Fecha y hora
Ubicación
A Casa Vella 65A Estrada a Amiadoso 32665 Amiadoso Spain
Mapa y direcciones
Cómo llegar
Acerca de este evento
O POUSO DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO CANCIONEIRO TRADICIONAL. Concerto didáctico é froito dun traballo de investigación e discusión do cancioneiro popular galego que Branca Villares desenvolveu co seu alumnado de canto nas aulas. Este traballo centrouse en detectar aspectos que poden supoñer apoloxía da violencia contra as mulleres e que, dalgún xeito, contribúen a perpetuala e normalizala, non censurando senón contextualizando e reformulando o seu uso.
OBRADOIROS DE ARQUEOLOXÍA EXPERIMENTAL. Tres dos meirandes especialistas en arqueoloxía do País xuntaranse para amosar as técnicas que levaron aos seres humanos dende o uso das primeiras ferramentas ata a elevación das magníficas catedrais.
MEDIDAS COVID EN PEDRA.
CONTAXIEMOS SEGURIDADE.
Conscientes das complicacións e as medidas impostas pola pandemia, a organización seguirá medidas para a prevención do Covid-19, e cumpriremos cos requisitos e medidas hixiénicas que sexan obrigatorias na data de celebración, pero tamén precisamos que tí, como asistente, o saibas, o entendas, sexas responsable e tomes medidas individuais. Contaxiemos seguridade.
MEDIDAS COMÚNS PARA TODO O RECINTO
Non está permitido fumar en ningún punto do obradoiro.
Procura manter a distancia de seguridade de 2 metros con outras persoas.
Se pensas que podes ter síntomas de COVID-19 ou estar en contacto con alguén diagnosticado do virus, por favor queda na casa. Seguro que teremos oportunidade de atopármonos de novo en circunstancias máis sinxelas para todas.
MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA AS ACTIVIDADES
Recomendámosche levar esta entrada descargada no teu móbil para evitar no posible o contacto co papel. O medio ambiente tamén agradece.
Se adquires esta entrada para varias persoas (máximo 4), accederedes á actividade xuntas, para poder ser acomodadas como tal. Será necesario que cheguedes ao espazo cunha antelación mínima de 20 minutos, para facilitar a entrada escalonada. En caso contrario, o voso asento reservado non estará garantido.
OUTRAS MEDIDAS DE INTERESE
A visita actividade vai ser gravada. A reserva desta entrada implica a aceptación tácita de que A Bela Auria pode empregar as imaxes tirada no transcurso da visita para fins de promoción de actos culturales da propia entidade, sempre que estes non teña ánimo de lucro.