Gratis

Coruña miniHacks

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Centro Ágora

17 Avenida Gramela

15010 A Coruña

Spain

Ver mapa

Descripción del evento

Descripción

De que vai isto?

Desta volta, Coruña Hacks ten a súa edición mini. Unha serie de 3 eventos para a rapazada de entre 8 e 16 anos, onde formarán equipos e poderán programar historias, aplicacións ou videoxogos. Os propios asistentes definirán as ideas e traballarán nelas durante tres sesións para baterse no evento final aos equipos de maiores e amosarlles quen fai os mellores proxectos.

Que teño que saber?

Se xa utilizaches algunha vez Scratch, daquela seguramente xa o tes controlado, se non, faremos o primeiro día unha pequena introdución ou, aínda mellor, podes acceder á páxina de https://scratch.mit.edu/ e facer os tutoriais na túa casa para chegar a tope ao evento.

Se os equipos así o deciden tamén poden utilizar outras linguaxes ou ferramentas de software ou hardware libre como Python, Arduinos, Raspberry Pi, etc.

As rapazas e rapaces teñen que traer o seu propio ordenador portatil.

Como é a dinámica?

O primeiro día os equipos decidirán a idea na que desexan traballar. O fío conductor será contruír algo que axude a mellorar a súa cidade ou contorna. O resultado final será software e hardware libre que poderán compartir coas compañeiras e compañeiros e co mundo enteiro.

Os equipos formados seguirán dando forma á súa idea durante os 3 sábados de miniHacks (aínda que non é obrigado asistir a todas as sesións podendo colaborar na medida das posibilidades de cadaquén)

Ademáis, teremos premios na gala final para recoñecer a súa orixinalidade e traballo en equipo.

Os 3 eventos de Coruña miniHacks son:

  • Sábado 9 de Marzo de 11:00 a 14:00

  • Sábado 13 de Abril de 11:00 a 14:00

  • Sábado 11 de Maio de 16:00 a 19:00 seguido da gala de presentación e premios

Comparte con tus amigos

Fecha y hora

Ubicación

Centro Ágora

17 Avenida Gramela

15010 A Coruña

Spain

Ver mapa

Guarda este evento

Evento guardado