2 € – 14 €

CULTURGAL 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n

36005 Pontevedra

Spain

Ver mapa

Política de reembolso

Política de reembolso

No se hacen reembolsos

Descripción del evento

Descripción

Do 30 de novembro ao 2 de decembro celébrase en Pontevedra a cita anual da cultura feita en Galicia. Culturgal, que chega a súa décimo primeira edición, enche todo o recinto do Pazo da Cultura de Pontevedra de expositores e actividades. Unha cita ideal para coñecer todo o que virá en libro, cine, teatro ou música e, por que non, para adiantar as compras dos presentes navideños. Máis de 80 stands e máis de 120 actividades durante os 3 días de Feira congregan anualmente a preto de 15.000 persoas en Pontevedra. Para todos os públicos, así é Culturgal.

A Feira conta con varias áreas e escenarios nos que se desenvolve a programación: a Carpa para os directos de música, o Espazo Libro no que conversas, debates, sinaturas e presentacións danlle protagonismo á produción literaria, o Escenario Infantil dedicado ao público máis novo cunha ducia de espectáculos durante os tres días ou o Foro, un espazo heteroxéneo que o venres se centra en programación dirixida a profesionais da cultura. En 2018, por segundo ano consecutivo, o Espazo de Arte Contemporánea, que ocupará a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, suma perto de mil metros cadrados máis á superficie habitual da Feira, aos máis de catro mil oitocentos metros cadrados do recinto feiral pontevedrés.

ENTRADAS CULTURGAL

  • Entrada. adulto 3€
  • Entrada. infantil 2€
  • Pack familiar 2 adultos+3infantil. 10 euros
  • Pack familiar 2 adultos+4 infantil. 11 euros
  • Entrada Grupos. Mínimo 10 persoas. 2€ persoa

CULTURGAL EN AUTOBÚS

Queremos que veñas comodamente a Culturgal vivas onde vivas. En 2018, cinco cidades, cinco puntos de saída e retorno en autobús. Porque non queremos que quedes sen vir. Porque Culturgal é a Feira da cultura feita en toda Galicia. Si, desde Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense, tes un pack de viaxe máis entrada á Feira. Saídas o sábado 1 decembro ás 10.30 h e regreso ao peche da feira. As prazas son limitadas.

Entrada + Autobús. Só para sábado 1 de decembro.

Saída ás 10.00 h das localidades con regreso ás 20.00 h

  • Ferrol. 14€
  • Coruña. 14€
  • Santiago. 12€
  • Lugo. 14€
  • Ourense. 14€

ESPECTÁCULOS DE PAGO

Ademais radio e televisión en directo, programación nos propios stands, moitas sorpresas e espectáculos especiais no Auditorio do Pazo. Carlos Núñez en directo será o protagonista da noite do sábado 1 de decembro na Feira coa súa xira “A Irmandade dos Celtas”, cuxas entradas xa están á venda en ticketea. Na véspera, o venres 30 velada de artes escénicas con Inversa Teatro e a obra “Sofía e as Postsocráticas” e para o domingo 2 de decembro hai dúas propostas seleccionadas para público familiar: OVIRAVAI e Xoán Curiel. Así mesmo en 2018 Culturgal estrea área gastronómica, con mesmo horario de funcionamento que a Feira.Sofía e as Postsocráticas. Inversa Teatro. Auditorio Pazo da Cultura, 30 novembro. 10 €

- Carlos Nuñez. Sábado 1 decembro 21.30 h. Auditorio Pazo da Cultura

  • Zona A. 24 €
  • Zona B. 19 €
  • Zona C. 17 €
  • Zona D. 15 €

Compra aquí tus entradas

- OVIRAVAI. Domingo 2 decembro 12.00 h. Auditorio Pazo da Cultura

  • 5,50 € Entrada única

Compra aquí tus entradas

- Xoan Curiel. A Casa Do Terror, 2 decembro 18.00 h. Auditorio Pazo da Cultura

  • 5,50 € Entrada única

Compra aquí tus entradas

MÁIS INFORMACIÓN

Visita a nosa web: culturgal.com

Comparte con tus amigos

Fecha y hora

Ubicación

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n

36005 Pontevedra

Spain

Ver mapa

Política de reembolso

No se hacen reembolsos

Guarda este evento

Evento guardado