Panel de acciones
Cuándo y dónde
Fecha y hora
Ubicación
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo 59 Avenida da Beiramar 36202 Vigo Spain
Mapa y direcciones
Cómo llegar
Política de reembolso
Acerca de este evento
Símbolo da música popular brasileira, ex ministro deCultura… a influencia de Gilberto Gil nas artes brasileiras é infinita.Este ano inicia de forma excepcional unha xira por Europa co disco ‘Ok ok ok’ (2018) co que regresa logo dunha convalecencia que ameazou a súa vida. Con este novo traballo volve ao top mundial da música, con temas que falan da familia, das amizades, da vellez ou da enfermidade, pero tamén contra as patrullas ideolóxicas.
SÍMBOLO DA MPB
Gilberto Gil é un dos grandes da música popular brasileira.O seu primeiro disco, ‘Louvação’, foi lanzado en 1967. Mais antes, en 1963, coñecería ao seu amigo Caetano Veloso na Universidade da Bahia. Con el iniciou o movemento tropicalista que marcaría unha nova era na música e nas artes do Brasil.
Na súa carreira musical gravou 60 discos dos que se venderon máis de 4 millóns de copias. Ten 9 Grammys no seu haber. Tamén foi ministro de Cultura do seu país, foi nomeado Artista da Paz pola UNESCO en 1999, e ademais é Embaixador da FAO.