Gratis

LUG HACK WEEK-END: REIMAXINA O RURAL | REINVENTA A TÚA VIDA

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Albergue Lug2

RÚA PINTOR CORREDOIRA, 4

RÚA PINTOR CORREDOIRA, 4

27002 LUGO

Spain

Ver mapa

Descripción del evento

Descripción

TÉS UNHA IDEA PARA O NOSO RURAL LUGUÉS?

A LUG HACK WEEK-END é un HACKATHON (evento creativo) no que poderás:
- presentar unha idea
- traballar en ideas que presenten outros e che gusten
- crear un prototipo
- axudar a crear un prototipo
- dar unha solución a unha necesidade
- colaborar
- vivir un proceso creativo

Só tés que apuntarte

O obxectivo do proxecto AYCH ( AtlanticYouthCreativeHubs) é contribuír a estes desafíos sociais a través do emprendemento xuvenil; por esa razón, convócanse eventos como LUG HACK WEEK- END, onde nacen ideas para deseñar proxectos sociais sobre a coexistencia futura. O rural precisa da axuda de todos, pero en especial da mocidade que lle dea novas ideas e prototipos reais.

Reserva a túa praza, enviarémosche un mail de confirmación.

Workshops (poderás elixir dous).

MODELO PRÁCTICO DE NEGOCIACIÓN
Queres aprender como tés que montar unha
negociación? - Con casos prácticos que che
serán moi útiles.

MÁRKETING DIXITAL
Administra as túas redes sociais para que a túa idea ou proxecto teña a maior rendabilidade a través das redes sociais.

RUTAS NATURAIS CON GPS
Crea a túa ruta e fai que chegue a moita xente coa técnica do gps.

COMO DISEÑAR UNHA IDEA
Crea unha idea para un proxecto, ensinámosche como se fai dun xeito totalmente práctico.

VIDEOCREACIÓN
Sabemos que tés coñecementos de como facer un video, pero hai que aprender a darlle certos toques personais.

3D PRINTING
Imaxino que quererás coñecer dunha vez o mundo das impresións 3D, anímate e participa neste obradoiro e leva un primeiro achegamento a este mundo.

PROGRAMA COMPLETO ( en breve á vosa disposición )

Os 5 proxectos máis destacados polo xurado serán seleccionados para que poidan ser levados á realidade.

EVENTO ADAPTADO A ANGLOFALANTES

Contactos: benvida@lugopenfactory ou no teléfono 982 023 078 - 982 804 149 ( L-V polas mañás).

(ao rexistrar a túa participación dás o consentemento a que o teu mail sexa compartido co fin de poder crear unha rede de comunicación para o transporte así como o contacto post-evento).

Preguntas frecuentes:

Existen requisitos de idade mínima para entrar no evento?. O evento está programado para mozos de entre 16 e 30 anos, pero se tes máis podes vir igual, consulta a dispoñibilidade destas prazas.

Que opcións de transporte/aparcadoiro teño parta ir e volver do evento?. Se vés de fóra, escríbenos un mail, seguramente che poñeremos en contacto con alguén que veña da túa cidade. No centro temos espazo para aparcar.

Que podo levar ao evento?. Aconsellámosche traer o teu computador portátil.

Ofrecédesme aloxamento?. Si, ofrecémosche aloxamento e manutención, e non che custará nada.

Comparte con tus amigos

Fecha y hora

Ubicación

Albergue Lug2

RÚA PINTOR CORREDOIRA, 4

RÚA PINTOR CORREDOIRA, 4

27002 LUGO

Spain

Ver mapa

Guarda este evento

Evento guardado