Onda min | Raquel Queizás (Galicia) | Alfoz

Panel Acciones y detalles

Ventas terminadas

Ha finalizado la venta de entradas

Los registros se han cerrado
Grazas pola túa reserva. Vémonos o día do espectáculo :)

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Castelo de Castrodouro

1P Lugar Castro de Ouro

27776 Alfoz

Spain

Ver mapa

Ha finalizado la venta de entradas

Los registros se han cerrado
Grazas pola túa reserva. Vémonos o día do espectáculo :)
Descripción del evento
'Onda min' lévanos á pesca das historias propias, da nosa memoria, da nosa tradición oral para alimentar as novas xeracións.

Acerca de este evento

Ven onda min, que che conto... as historias que escoitei cando era coma ti e ía buscar o caldeiro de berberechos. Onda min lévanos á pesca das historias propias, da nosa memoria, da nosa tradición oral para alimentar as novas xeracións. Tamén embarcaremos nos libros para ir na procura de historias alleas, de outras terras ás veces tan diferentes ás veces tan semellantes ás nosas.

Público infantil e familiar | Galego

Sobre Raquel Queizás

Nacín en Queirugás, unha pequena aldea preto de Verín (Ourense). Das historias que escoitaba aos meus avós xorde a miña paixón pola narración oral, pola lingua, pola lectura e polo teatro. Naquela época sabía a hora exacta polo sol, xogaba con bonecas feitas con carozos de millo e hipnotizaba galiñas. A pesar da miña timidez, no patio do colexio reproducía para as miñas compañeiras e compañeiros esas historias escoitadas a carón da lareira.

Son actriz, monicrequeira, filóloga (Universidade de Santiago, 1998), e sobre todo, contadora de historias. O meu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias. Quizais fose polos contos que me contaba a miña avoa (porque a memoria dos antepasados non só é vida, senón sabedoría pura), quizais porque a nena que levo dentro segue soñando con ese mundo de fantasía, fose como fose, os contos forman parte da miña vida persoal e profesional. Levo xa vinte anos inmersa profesionalmente no mundo dos contos e do teatro.


		Imagen de Onda min | Raquel Queizás (Galicia) | Alfoz

Fecha y hora

Ubicación

Castelo de Castrodouro

1P Lugar Castro de Ouro

27776 Alfoz

Spain

Ver mapa

Organizador Festival Atlántica

Organizador de Onda min | Raquel Queizás (Galicia) | Alfoz

Guarda este evento

Evento guardado