Os amigos dos músicos (concerto) - DESENFOCAR FISTERRA
Información sobre el evento
Descripción del evento
DESENFOCAR FISTERRA - música, poesía, roteiros 4-5 setembro
Acerca de este evento
Os Amigos dos músicos continúan explorando os puntos de unión entre o pop, o folk e o rock, entre a tradición anglosaxona e a canción de autor galega de Bibiano ou Luis Emilio Batallán. Únense de novo, neste segundo álbum chamado Segundo Fogar, Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso e Álvaro A. Rivera, experimentados músicos que formaran parte de Niño y Pistola, Blood Filloas, O Sonoro Maxín, Annie Hall, Haecceidad ou Cinnamon Gun.