Gratis

Procesos #VP - Laboratorio de video poesía con Belén Montero

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Teatro Colón

7A Avenida Marina

15001 A Coruña

Spain

Ver mapa

Descripción del evento

Descripción


XORNADA MULLERES E INNOVACIÓN NAS ARTES INTERMEDIA

Un programa de xénero, unha fiestra de visibilidade para as mulleres que contribúen á cultura da innovación tecnolóxica no marco das Media_artes.

Unha cultura dixital sen precedentes, inclasificable e visionaria que fomenta o encontro do inesperado.

Un programa comisariado por Rosa Sánchez, directora artística do Festival Internacional ECOSS, ecosistemas do inesperado e da Compañía de arte Intermedia Kònic Teatro, de Barcelona.


OBRADOIRO DE VÍDEO POESÍA CONDUCIDO POR BELÉN MONTERO


DÍA 8 ABRIL. TEATRO COLÓN: 15h -19h


Procesos #VP

O laboratorio de vídeo poesía preséntase como un xeito de achegamento ao formato e á exploración multimedia. A partir de exemplos de autoras que traballan neste eido, xogaremos cos nosos propios conceptos de xénero, tecnoloxía e fala. Utilizaremos os nosos dispositivos móbiles e as nosas apps como ferramentas técnicas para darlle soporte ás nosas ideas e contidos, experimentaremos nos procesos e compartiremos a experiencia co público.

O Laboratorio rematará cun Open lab de conclusións para compartir a experiencia e os procesos co público.


Programa:

  • 15:00-15:15 Presentacións

  • 15:15-15:45 Inmersión na VP

  • 15:45-16:30 Conceptualización das ideas

  • 16:30-18:15 Procesos

  • 18:15-18:45 Visibilización

  • 18:45-19:00 Compartir experiencia


* BIOS: Belén Montero directora cunha ampla experiencia en proxectos experimentais e multimedia orientados tanto á cultura coma ó vídeo corporativo. Formou no 98 a produtora Esferobite e, baixo o nome artístico DSK, realizou sesións de vídeo en directo e proxectos artístico-musicais. Os seus traballos foron seleccionados e premiados en numerosos festivais, (tales como MTV Awards, Escales Documentaires La Rochelle, Cineuropa) e expostos en museos coma o Pompidou (Metz), o CGAC (Santiago de Compostela) ou o Hangar (Barcelona).

Especializouse en videoclip, live cinema, documental experimental, desarrollo web e proxectos educativos relacionados co vídeo.

Un programa comisariado por Rosa Sánchez, www.koniclab.info


DÍA 9 ABRIL. TEATRO COLÓN : 15h -19:00h

Comparte con tus amigos

Fecha y hora

Ubicación

Teatro Colón

7A Avenida Marina

15001 A Coruña

Spain

Ver mapa

Guarda este evento

Evento guardado