10 € – 40 €

SilverBullet07

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Cidade da Cultura de Galicia

s/n Monte Gaiás

Salón de actos. Edificio CINC

15707 Santiago de Compostela

Spain

Ver mapa

Amigos que van
Descripción del evento

Descripción

http://silverbullet.cpetig.org/

Organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia co propósito de converterse nunha xornada de referencia en torno á xestión de proxectos.

Un dos obxectivos fundamentais é que este Congreso sexa un foro de discusión e debate de todas as empresas e profesionais vinculados á xestión de proxectos no ámbito da informática, e tamén para expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais na área.

O nome do congreso fai referencia a un coñecido antipatrón da área de xestión de proxectos, “a bala de prata”, mencionada inicialmente polo enxeñeiro de software Frederick P. Brooks en 1987 e que fai referencia a inexistencia de metodoloxías, ferramentas ou solucións milagreiras que nos permitan que un proxecto que xa se converteu nun monstruo (retrasos, custos, calidade), volva ser un proxecto ben xestionado coma se dun home lobo que queremos converter en persoa se tratase, o que unicamente se podería facer cunha bala de prata.

O traballo continuo dende o principio, a aplicación de metodoloxías adecuadas e o coñecemento sobre a xestión de proxectos son realmente a bala de prata coa que contamos, e a que se pretende potenciar con esta xornada.

#SilverBullet17 pretende reunir a oferta e a demanda deste sector nun espazo de encontro para propiciar un intercambio de información e opinión entre as persoas asistentes. Trátase de crear o foro adecuado que facilite oportunidades de negocio aos colaboradores e patrocinadores do evento.

A xornada fomentará a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos, liderado, ademais de contribuír a amosar as tendencias metodolóxicas no eido da xestión de proxectos software.

Para acadar estes obxectivos, conta con relatores de referencia profesional e especial relevancia no sector, con intervencións estruturadas ao longo dunha xornada, en sesión de mañá e tarde, de xeito que permita aos participantes a reciclaxe profesional e a actualización de coñecementos, accedendo ás últimas novidades neste ámbito.

Comparte con tus amigos

Fecha y hora

Ubicación

Cidade da Cultura de Galicia

s/n Monte Gaiás

Salón de actos. Edificio CINC

15707 Santiago de Compostela

Spain

Ver mapa

Guarda este evento

Evento guardado