LEGADOS. Espazos para o coidado das creacións contemporáneas.

LEGADOS. Espazos para o coidado das creacións contemporáneas.

By Fundación DIDAC

Overview

Xornada sobre os legados na que se presentará o estudo e se analizarán as particularidades no tecido artístico galego

"Legados. Espazos para o coidado das creacións contemporáneas" é un proxecto impulsado pola Fundación Gabeiras que nace da preocupación compartida co sector da arte contemporánea polo destino dos legados dos artistas de maior idade, así como pola situación económica e xurídica que adoita acompañar este colectivo.

A iniciativa aborda a necesidade de garantir a conservación, a xestión e a transmisión do patrimonio artístico contemporáneo, ofrecendo un marco de reflexión e propostas concretas a través dun estudo sociolóxico e dun informe xurídico elaborados en colaboración con Gabeiras & Asociados.

Tras as presentacións realizadas no Museo Reina Sofía (Madrid, setembro de 2023), no Museu d’Art Contemporani de Barcelona (MACBA) (abril de 2024) e no Museo Ruso de Málaga (xullo de 2024), o proxecto entra agora nunha segunda fase, na que amplía o seu ámbito de traballo ás artes escénicas e á música e incorpora a análise e preservación dos seus arquivos coreográficos, líricos e musicais desde unha perspectiva interdisciplinar.

En Galicia, Legados conta coa colaboración da Fundación DIDAC coa vontade de situar o debate no contexto galego, analizar as particularidades do tecido artístico local e abrir un espazo de diálogo sobre o futuro dos legados e arquivos de artistas contemporáneos.

A presentación en Galicia co apoio do Centro Galego de Arte Contemporánea faise co obxectivo de situar o debate no contexto galego, analizar as particularidades do tecido artístico local e abrir un espazo de diálogo sobre o futuro dos legados e arquivos de artistas contemporáneos, para o que se fará esta xornada o día 29 de novembro no CGAC en Santiago de Compostela.

Category: Arts, Fine Art

Good to know

Highlights

  • 5 hours
  • In person

Location

Centro Galego de Arte Contemporáneo

2 Rúa de Ramón del Valle-Inclán

15703 Santiago de Compostela Spain

How do you want to get there?

Organized by

Fundación DIDAC

Followers

--

Events

--

Hosting

--

Free
Nov 29 · 9:30 AM GMT+1