Curso de Tratamento e Análise de Evidencias Dixitais
Información sobre el evento
Acerca de este evento
OBXETIVOS
- Coñecer o marco xurídico sobre o que se sustenta o labor do perito.
- Coñecer as técnicas necesarias para adquirir e preservar evidencias dixitais.
- Coñecer os conceptos teóricos en que se basea unha análise forense.
- Adquirir os coñecementos necesarios para a análise das evidencias contidas en medios dixitais.
- Saber como redactar un Informe Pericial baseado na análise forense das evidencias dixitais.
- Saber como redactar un informe contrapericial.
- Saber como expresar as conclusións alcanzadas tras unha análise forense.
- Defensa do informe pericial e contrapericial en sede xudicial
DESTINATARIOS
- Peritos Informáticos.
- Responsables de seguridade TIC.
- Persoal das oficinas de seguridade.
- Auditores internos ou externos.
- Consultores, avogados e profesionais interesados en adquirir coñecementos en análise de evidencias dixitáis.
MATRÍCULA
- Ordinaria: 100 €
- Precolexiados e colexiados de enxeñaría técnica e enxeñaría en informática, consulta no teu Colexio o código de desconto.
- Coléxiate no CPETIG e benefíciate do desconto para colexiados.
AXENDA DO CURSO
O curso terá lugar en un fin de semana. Impartirase na aula II da biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia co seguinte horario:
- Venres 04/10/2019: 16:30h a 21:30h.
- Sábado 05/10/2019: 09:00h a 14:00h e de 15:30h a 17:30h.
FORMADORES
A formación correrá a cargo de docentes, profesionais no campo xurídico e tecnolóxico. O curso será impartido por:
- Victor Salgado (Socio-Manager en Pintos & Salgado Abogados, S.C.)
- Gonzalo Sotelo (Policía Judicial. Especialista en e-crime).
- Miguel Abal e Juan Luis Miguéns (Colexiados e membros da Xunta de Goberno do CPETIG).
CONTIDO
Venres
- A Proba pericial: ámbito, obxecto e finalidade.
- A súa incorporación no proceso penal e civil.
- O Perito: Condicións e requisitos legais. Especial referencia ao perito informático. Proposición da proba pericial: a instancia de parte e designación xudicial. Aceptación do cargo, nomeamento e provisión de fondos. A intervención do perito no Xulgado. A responsabilidade do perito.
- El Informe Pericial: Requisitos, estrutura e importancia do informe pericial nas decisións xudiciais.
- Principais novidades da reforma da LECrim: as novas medidas de investigación tecnolóxica.
- Aspectos prácticos: Casos típicos e exemplos que se poden encargar ao perito. Relación co cliente: o que el quere vs o que se pode facer. Relación co avogado: o “ desencriptado” xerga legal–xerga técnica e viceversa. Que dicir e como expresarse no xulgado. Que quere o xuíz. Como eludir os “nervios” e pregúntas trampa das partes. Onde están os límites? Como non xogarlla no informe e na súa defensa oral. A provisión de fondos e a “minuta” Cando e como facturar?
Sábado. Sesión da mañá
- Aproximación lexislativa e procedementos regulados (valor probatorio).
- Evidencias Dixitais.
- Obtención e procura evidencias (mención especial a dispositivos móbiles): Adquirindo evidencias e Evidencias xa adquiridas.
- Periciais vs Contrapericiais: Obxectivos diferentes, erros e dúbidas razoables.
Sábado. Sesión da tarde
- Modelo de Informe Pericial.
- Que é o TAP.
- Cómo se cobra e factura o servizo que presta o CPETIG.
- Exemplos e casos reais.