RUTA DO FRESCO
Overview
Manuel González Fresco, burgués vigués afincado en Ponteareas foi asasinado durante a Guerra Civil, sendo morto no Galleiro o 24 de decembro de 1936. Os seus ideias, aínda vivos hoxe, a súa loita a prol dos humildes, a súa axuda incansable a quen o necesitase convertiu a historia de Fresco nun mito aínda vivo. Desde O Faiado faremos un percorrido polo monte no que estivo agochado desde mediados de 1936, coñecendo os lugares nos que viviu, os camiños polos que transitaba e o lugar no que o mataron, en homenaxe a todas as mulleres e homes que loitaron pola República.
O roteiro, circular, duns 12km de distancia e de dificultade alta parte da capela de San Francisco das Cortellas, en Padróns, para subir pola rota dos reloxos de sol, acadar o lugar onde foi asasinado Fresco, subir ao cumio do Galleiro, o punto máis alto de Ponteareas, desde onde podemos contemplar unha fermosa paisaxe, encima de Peinador e no fondo as Cíes, para baixar polo Penedo das vinte cruces e chegar ao punto de inicio polo coñecido como camiño dos mortos.
Good to know
Highlights
- 5 hours 30 minutes
- In person
Location
Capilla de San Francisco das Cortellas
Capela de San Francisco das Cortellas, Padróns
36866 As Cortellas Spain
How do you want to get there?
Organized by
O faiado
Followers
--
Events
--
Hosting
--