Solpor nas Mámoas
Just Added

Solpor nas Mámoas

Visita guiada polo arqueólogo Rafael Gutiérrez para descubrir Campo do Mouro, un dos xacementos megalíticos máis destacados do noso concello

By O faiado

Date and time

Location

Campo de Mouro

Guillade 36877 O Campo do Mouro Spain

About this event

  • Event lasts 2 hours

O campo do Mouro de Guillade é un xacemento arqueolóxico que acolle máis dunha decena de mámoas. Un lugar máxico, no que os nosos antepasados enterraban aos seus mortos. O espazo, duns dous quilómetros cadrados, acolle 11 mámoas, algunhas con 25 metros de diámetro e 2 metros de alto. En xeral foron violadas, é dicir, escavadas na busca de posibles tesouros, como ouro ou xoias que se depositaban dentro da cámara funeraria xunto aos falecidos.

A cultura megalítica aínda conta con elementos destacables no noso Concello, mais esta concentración de mámoas é unha das máis relevantes.

A actividade estará guiada polo arqueólogo Rafael Gutiérrez, que nos dará, xusto antes do solpor, as indicacións precisas para descubrir este mundo.

Desde O Faiado consideramos preciso por en valor o noso patrimonio e actividades como estas axudan a coñecer o noso pasado, valoralo e, deste xeito, intentar que non se prexudique no futuro.

Organized by

Free
Aug 22 · 8:00 PM GMT+2