LGx15. Ideas para o futuro da lingua 2025

LGx15. Ideas para o futuro da lingua 2025

Por CTNL

LGx15 de 2025 é un evento que inclúe charlas con experiencias e propostas para mellorar o futuro da lingua, acompañadas de música e poesía.

Data e hora

Localização

Teatro Principal

21 Rúa Nova 15705 Santiago de Compostela Spain

É bom saber

Destaques

  • Presencial
  • As portas abrem às 18:15

Política de reembolsos

Sem reembolsos

Sobre este evento

Science & Tech • Other

Experiencias, argumentos, opinións, propostas, palabras, reflexións... Ideas!

LGx15 é iso, un proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua, que comeza cun evento de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego.

En LGx15 interveñen diversas persoas para transmitir, dun xeito breve, claro e visual –a través de charlas dun máximo de 15 minutos–, ideas e reflexións que poden, e queren, influír no uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos, procurando reflexións, accións e cambios.

No acto, ademais, hai música, poesía e humor, o que o fai un acto festivo e divertido. Despois do evento, as charlas, as ideas, difúndense en vídeo a través da rede.

Organiza o LGx15 a Coordinadora de Traballadores/as de normalización da LIngua (CTNL) coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, do Concello de Santiago de Compostela, de Deleite e da Fundación Galicia Sustentable.

Programa completo en: https://www.lgx15.gal/

Velaquí un resumo da edición de 2024:

Organizado por

CTNL

Seguidores

--

Eventos

--

Organização

--

À venda em 06/10/2025 às 10:00