O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle a xornada central desta edición, converténdose no corazón da poesía e da creación contemporánea. O poeta e director do festival, Marcos de la Fuente, será o encargado de presentar e guiar os actos, ofrecendo unha visión xeral da traxectoria do Kerouac e do espírito desta edición.
- La Sole & El Hombre Viento: Dende Valencia e Madrid chegan os compoñentes deste potente proxeto. Presentan 3nigma, un traballo que fusiona underground, rap e electrónica con narrativas íntimas e coidadas, expandindo as fronteiras entre xéneros. Será parte da xira presentación do seu novo traballo, moi influenciado pola xa desaparecida artista Gata Cattana.
- Olalla Cociña: poeta galega recoñecida con premios como o Avelina Valladares (2004) e o Fiz Vergara Vilariño (2008). A súa obra explora a memoria, a experiencia feminina e a linguaxe poética como espazo de resistencia.
- Annalisa Marí Pegrum: a poeta e traductora presenta en primicia unha performance multisensorial que recupera a voz da poeta Beat Lenore Kandel e o espírito rebelde do seu mítico e prohibido durante moitos anos, o libro The Love Book, reivindicando a liberdade sexual e espiritual como forza transformadora e de ponderación da muller.
- Alberto Avendaño & Manolo Romón: presentan MOLOTOV, unha proposta híbrida de poesía e multimedia que converte o libro nun obxecto vivo en diálogo coa memoria política e a tecnoloxía. Promete ser unha viaxe no tempo chea de rebelión poética.