8 €

A CONQUISTA DA ESCOLA DE MADHUBAI | Vigocultura

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

1 Praza do Rei

36202 Vigo

Spain

Ver mapa

Política de reembolso

Política de reembolso

No se hacen reembolsos

Descripción del evento
A CONQUISTA DA ESCOLA DE MADHUBAI | Vigocultura

Acerca de este evento

A CONQUISTA DA ESCOLA DE MADHUBAI | Vigocultura el viernes, 30 de octubre de 2020 a las 21:00h. en el Auditorio Municipal de Vigo.

  • Compañía: Teatro do Atlántico
  • Espectáculo: A CONQUISTA DA ESCOLA DE MADHUBAI
  • Xénero: teatro drama
  • Autoría: Hélène Cixous
  • Dirección e deseño de iluminación: Xúlio Lago
  • Adaptación: Purificación Cabido
  • Escenografía: Antonio Simón
  • Deseño de son e música: Vadim Yukhnevich
  • Vestiario: Susa Porto
  • Elenco artístico: María Barcala, Sheyla Fariña e César Goldi
  • Idioma: galego
  • Idade recomendada: + 14 anos
  • Duración: 85 minutos
  • Prezo: 8 €

Sakundeva, bandida, perseguida pola policía e polo exército, acusada do asasinato de máis de trinta homes que a violaran tempo atrás e de numerosos asaltos a man armada, preséntase na humilde morada de Pandala, unha sabia anciá que a criou cando era nena e que é a única persoa do mundo na que confía.

Pídelle quedar durante dous días agochada na súa casa, para poder meditar con tranquilidade que decisión tomar nunha disxuntiva transcendental que se lle presenta.

Sen tempo para que ela puidese reflexionar, aproxímase xa ao lugar un ministro de Goberno, que fora o provocador da disxuntiva e que ven demandar unha resposta.

A autora inspírase na historia de Phoolan Devi, coñecida como “a raíña dos bandidos”, quen foi unha destacada referencia para o feminismo autóctono indio. Con ese punto de partida, e facendo uso da capacidade extraordinaria que ten o teatro para servir de espello á sociedade que o contempla, Teatro do Atlántico chega a un discurso artístico atractivo e rigoroso poñendo en debate feitos que están a acontecer hoxe en moitos puntos da nosa contorna: as chamadas “manadas”; e ao tempo transitar por outros asuntos principais como: o dereito á educación, o impulso de rebeldía contra o maltrato, o concepto de liberdade, a complexa dialéctica entre lei e xustiza, o interese persoal e o interese público no exercicio da acción política; e a vinganza: unha viaxe sen final.

Comparte con tus amigos

Fecha y hora

Ubicación

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

1 Praza do Rei

36202 Vigo

Spain

Ver mapa

Política de reembolso

No se hacen reembolsos

Guarda este evento

Evento guardado