A Hora do Código 2019
Información sobre el evento
Descripción
O Colexio Profesional en Enxeñería Informática de Galicia e a Escola Superior de Enxeñaría Informática están a apoiar a iniciativa global Hora do Código (HourofCode) da Code.org.
Está iniciativa ten o seu punto de maior actividade na semana da Educación en Informática do 3 ao 9 de Decembro de 2018.
Na Escola Superior de Enxeñaría Informática celébrase unha xornada especial de programación o Sábado 19 de Xaneiro de 2019 a que poden acudir nenas e nenos de tódalas idades, dende os 6 anos ata mozas e mozos de 18.
Para inscribirse pulsa no botón REGISTRAR que aparece na parte superior desta páxina.
Dúbidas e consultas no teléfono 609 670 774 (por chamada ou preferentemente whatssapp)
Tamén por email en horadocodigo@cpeig.gal ou info@orioncongress.es
Hai varios tipos de actividades en paralelo (Prazas limitadas. As idades indicadas son orientativas):
Iniciación á programación: Sesións dunha hora e media na que os cativos (recomendado entre os 6 e os 10 anos) poden aprender a programar con xogos de Minecraft, Disney, Starwars ou Frozen. As nais e pais poden acompañar os pequenos e tamén aprender. Haberá diversos grupos en distintos horarios.
Iniciación á programación con Scratch: Sesións dunha hora e media na que os cativos (recomendado entre os 10 e os 18 anos) poden aprender a programar con Scratch. As nais e pais poden acompañalos e tamén aprender. Haberá diversos grupos en distintos horarios.
Iniciación á programación de dispositivos con Arduino: Unha única sesión de 3 horas (recomendado entre os 10 e os 18 anos) poden aprender a programar e controlar pequenos dispositivos con Arduino. As nais e pais poden acompañalos e tamén aprender.
Cine e Video en 3D: Creación dun escenario de animación onde as leis da física pódense configurar o noso gusto. Figuras 3D, iluminación puntos de vista da cámara, todo isto controlamolo empregando Alice 3.0. As nais e pais poden acompañalos e tamén aprender.
Coñece a impresión en 3D: Sesións dunha hora (recomendado entre os 6 e os 18 anos) onde se pode ver e aprender como se fan pezas e se traballa con impresoras 3D. As nais e pais poden acompañalos e tamén aprender. Hai duas sesións en distintos horarios.
Coñece os Drons: Sesións dunha hora (recomendado entre os 6 e os 18 anos) onde se pode ver e aprender como funcionan os drons, dende os de xoguete ata drons de traballo profesional. Os nenos poderán voar os drons en modo carreira (versións de drons apto para cativos). As nais e pais poden acompañalos e tamén aprender. Hai varias sesións en distintos horarios.
Crea o teu mundo - Realidade Virtual: Sesións de hora e media (recomendado entre os 10 e os 18 anos) onde os participantes poderán crear o seu propio mundo e navegar por el con gafas de realidade virtual. Haberá duas sesións en distintos horarios.
Nenoos Tech- Sesións de corenta e cinco minutos (para participantes entre os 6 e os 9 anos). Este taller combina deseño, construción, matemáticas e ciencias para aprender por medio da robótica e a programación de forma divertida.
Outras actividades:
Descanso Merenda:
Sesión da mañá: De 11:30 a 12:00 horas
Sesión da tarde: De 17.30 a 18.00
Aproveitando os descansos entre grupos, na cafetería do centro teremos unha merenda para tódolos participantes, de calquera idade. É preciso recoller o número de entradas de todas os asistentes (nais, pais, nenas e nenos, avós, etc.)
Sorteos: Haberá distintos sorteos para os rapaces inscritos nas distinta actividades.
Mais información de esta e outras iniciativas http://horadocodigo.gal
Para inscribirse pulsa no botón REGISTRAR que aparece na parte superior desta páxina.
Dúbidas e consultas no teléfono 609 670 774 (por chamada ou preferentemente whatssapp)
Tamén por email en info@orioncongress.es ou horadocodigo@cpeig.gal