5,45 € – 10,90 €

A Rapa Das Bestas de Sabucedo 2019

Información sobre el evento

Ubicación

Ubicación

Curro de Sabucedo

Lugar de Sabucedo

s/n

36684 A Estrada

Spain

Ver mapa

Descripción del evento
Festa declarada de Interese Turístico Internacional

Acerca de este evento

A Rapa Das Bestas celébrarase no Curro de Sabucedo (A Estrada), os próximos 6,7 e 8 de Xullo de 2019.

A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha tradición que se remonta ao século XVI, hoxe declarada de Interese Turístico Internacional.

Celébrase cada ano comezando o 1º venres do mes de xullo. Con milleiros de visitantes, é a día de hoxe, unha das celebracións máis importantes e sobranceiras de toda Galicia, convertíndose xa nun auténtico icono. A celebración posúe unha grande tradición cultural, etnográfica, paisaxística e popular.

Comeza coa baixa das bestas o venres (este ano día 5 de xullo). Dende moi cedo os participantes (visitantes incluidos) parten aos montes para reunir as distintas mandas e baixalas logo ao pobo. Os eventos centrais da celebración son os curros do sábado día 6 de xullo ás 19:00 horas e o domingo e luns 7 e 8 de xullo ás 12:00 horas.

Celébranse nunha construcción de pedra semicircular chamado “Curro” no lugar de Sabucedo (A Estrada-Pontevedra), onde, usando técnicas ancestrais que non inclúen ningún tipo de artiluxio, lévase a cabo unha loita corpo a corpo (home-besta) que conclúe coa a inmobilización do animal e o rapado das súas crins sen que este sufra ningún tipo de dano. Finalmente as eguas salvaxes que foran traidas a Sabucedo na xornada do venres día 5 serán postas en liberdade o luns día 8 de xullo para que regresen á súa vida en liberdade nos montes da comarca.

Tamén concertos e unha ampla axenda de actos culturais teñen lugar durante toda a fin de semana e para todos os públicos, dende nenos ate os máis maiores.

Máis información en www.rapadasbestas.gal

Horarios:

Sábado: Apertura taquillas 17:30h | Apertura portas 18:00h | Comezo curro 19:00h

Domingo: Apertura taquillas 10:30h | Apertura portas 11:00h | Comezo curro 12:00h

Luns: Apertura taquillas e portas 11:00h | Comezo curro 12:00h

Importante: os asentos non están numerados.

Comparte con tus amigos

Ubicación

Curro de Sabucedo

Lugar de Sabucedo

s/n

36684 A Estrada

Spain

Ver mapa

Guarda este evento

Evento guardado