Autoestradas e corredoiras | Quico Cadaval (Galicia) | Alfoz

Panel Acciones y detalles

Ventas terminadas

Ha finalizado la venta de entradas

Los registros se han cerrado
Grazas pola túa reserva. Vémonos o día do espectáculo :)

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Castelo de Castrodouro

1P Lugar Castro de Ouro

27776 Alfoz

Spain

Ver mapa

Ha finalizado la venta de entradas

Los registros se han cerrado
Grazas pola túa reserva. Vémonos o día do espectáculo :)
Descripción del evento
As historias máis extraordinarias sempre acontecerán nos camiños.

Acerca de este evento

Cada conto é unha viaxe e o seu escenario ideal é, consecuentemente, unha vía de comunicación. Os carreiros asombrados e as encrucilladas neboentas foron os lugares do medo da humanidade durante séculos, os lugares de luz indecisa onde se nos arrepiaba o espiñazo. Chegou o progreso, as luces das avenidas e as peaxes das autoestradas, mais o extraordinario non desapareceu, simplemente circula a maior velocidade. Axiña, axiña. En Autoestradas e corredoiras, Quico Cadaval presenta un repertorio que circula desde as camiñadas dos tempos de antes cos seus encontros imprevistos, ás etapas automobilísticas cos seus choques e cachizas de parabrisas. Unhas peixeiras co cesto á cabeza que teñen unha abraiante visión nocturna, un xeneroso condutor que sae da néboa para auxiliar aos feridos dun accidente múltiplo e o clásico moderno: un autostopista que ve como ven cara a el un vehículo que endexamais atopara antes.

Non descartamos que teñamos breves informacións sobre romarías, barracóns de monstros, ideario anarquista, polos de desenvolvemento franquista, a fotografía rural, protocolos hospitalarios, e centos de pensamentos que lle veñen á cabeza a quen escoita una historia.

Público adulto | Galego

Sobre Quico Cadaval

Nace en Ribeira, na Ría de Arousa, onde Deus apoiou o dedo anular no seu día de descanso (o sétimo). O feliz natalicio produciuse no ano catro a.m.m.m. (antes da morte de Marilyn Monroe) nunha taberna, na que creceu. Na súa infancia conviviu con mariñeiros que extraían maxicamente bacallaus salgados dos seus pantalóns, quinquilleras que revelaba a berros a orixe da vida mentres devoraban carne asada e anciás que conseguían mexar de pé con precisión de cirurxiáns.

Polo modo que ten de falar de si mesmo parece que non ten avoa, pero a tivo e nótaselle moito.

Foi educado por un profesor entusiasta dos castigos físicos e da escritura barroca, na actualidade cronista local da cidade de Ribeira. Na súa época universitaria descoidou os seus estudos de arte para coquetear co amor, a política e a droga.

Recibiu moitas críticas dos seus amigos "junkies" polo consumo inmoderado de drogas brandas e mostos fermentados.

Dirixiu espectáculos de teatro coa presenza de orfas de fillos, quinquilleras, viúvas de carpinteiro, traficantes de toneis, palilheiras-macho, inmigrantes ilegais e xitanas vingativas. Escribiu pezas de teatro protagonizadas por traficantes mudos, deusas, piratas (sexo feminino), ociosos, aristócratas pintores, músicos ambulantes e vendedoras de amor ao pormenor.

Por se isto fose pouco, é omnívoro.


		Imagen de Autoestradas e corredoiras | Quico Cadaval (Galicia) | Alfoz

Fecha y hora

Ubicación

Castelo de Castrodouro

1P Lugar Castro de Ouro

27776 Alfoz

Spain

Ver mapa

Organizador Festival Atlántica

Organizador de Autoestradas e corredoiras | Quico Cadaval (Galicia) | Alfoz

Guarda este evento

Evento guardado