12,43 €

BUDIÑO presenta "Fulgor" / Playa Club (A Coruña)

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Discoteca Playa Club

Andén de Riazor s/n

15011 A Coruña

Spain

Ver mapa

Política de reembolso

Política de reembolso

Contacta con el organizador para solicitar un reembolso.

La tarifa de Eventbrite no es reembolsable.

Descripción del evento
Budiño abrirá o ciclo de concertos "Retroalimentación" no Playa Club na Coruña 11/10/19 - APERTURA PORTAS 22:30H - CONCERTO 23:00H

Acerca de este evento

Despois de 6 anos de silencio, Budiño publica neste 2019 FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo. Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo. O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco. Pisar terra e querer tocar ceo.

FULGOR ven armado de grandes letras. Letras de poetas (Antía Otero). Letras de songwriters (Xoel López e Vega). Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.

Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son transfronterizo de Jairo Zavala ou o sotaque luso africano de Luiz Caracol. E máis que destacable é a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia "Santiago" e "Bos Amores”.

Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca. Chegou FULGOR, porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando. Un FULGOR para unha nova etapa que xa non soa a silencio.

*Apertura de portas: 22:30 h. / Concerto: 23:00 h.

Budiño: Voz, frauta, piano, guitarra

Brais Morán: Guitarra, coros

Álex Salgueiro: Teclados

Fran Sanz: Baixo

Ton Risco: Batería

www.budinomusic.com

Comparte con tus amigos

Fecha y hora

Ubicación

Discoteca Playa Club

Andén de Riazor s/n

15011 A Coruña

Spain

Ver mapa

Política de reembolso

Contacta con el organizador para solicitar un reembolso.

La tarifa de Eventbrite no es reembolsable.

Guarda este evento

Evento guardado