Cantos na Maré 2019 en Pontevedra

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Pazo da Cultura de Pontevedra E Teatro Principal

Rúa de Alexandre Bóveda

s/n

36005 Pontevedra

Spain

Ver mapa

Descripción del evento
O Cantos na Maré regresa á cidade de Pontevedra os días 13, 14 e 15 de setembro para celebrar unha décimo quinta edición

Acerca de este evento

Esta edición acollerá 15 concertos e máis dunha ducia de actividades. Os espectáculos terán lugar no Pazo da Cultura, no Teatro Principal, no Museo de Pontevedra e en diferentes espazos do Casco Vello, que se converterá nun auténtico escenario.

Sen abandonar a idea primixenia da lingua como conexión de Galicia coa Lusofonía, Cantos na Maré dá un paso máis e toma unha nova reorientación. O Festival quere atravesar máis mares, deixarse alumear por máis lúas e espallarse a máis mundos. Coa música como gran nexo, desde a música de raíz ás músicas urbanas pasando polas voces corais e a polifonía, Cantos na Maré será de novo un espazo de encontro para artistas de varios continentes.

Os espectáculos terán lugar no Pazo da Cultura, no Teatro Principal, no Museo de Pontevedra e en diferentes espazos do Casco Vello, que se converterá nun auténtico escenario.

SÁBADO 14 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS NO PAZO DA CULTURA

MAYRA ANDRADE (Cabo Verde)

A estrela caboverdiana, abandeirada do pop tropical e afincada en Lisboa, vén de lanzar o seu quinto álbum, ‘Manga’, en crioulo e en portugués. Nel regresa aos sons da música africana do continente (foi gravado en Abidjan e París) coas súas raíces caboverdianas. Neste traballo traza unha delgada liña que oscila entre o urbano, o afrobeat e a música tradicional do seu país. Colabora Kim Alves, o famoso multiinstrumentista da illa, canda unha nova xeración de músicos do Occidente africano e o produtor de Costa do Marfil 2B.

A súa música é fresca e versátil. Un cóctel onde reformula a súa música materna e explora os sons tropicais. Non somos quen de atopar unha definición exacta do seu estilo, pero a súa música evoca a Cabo Verde, á costa brasileira, e ás zonas desérticas africanas. A súa música soa a verán. É unha mestura de cores radiantes que bailan, ritmos de veludo e melodías que arrecenden. A súa voz está sutilmente sazonada con pementa, como se a Europa do pop fose sempre un arquipélago tropical. As súas cancións evocan o verán eterno cunha pinga de exotismo. Cantadas en crioulo caboverdiano, inglés e portugués, os temas falan de romanticismo, sensualidade… Pop tropical.

DOMINGO 15 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

ENREDADAS (Martirio, Uxía, Carmen París, Ugia Pedreira + convidadas)

O jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza maña de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense no proxecto “Enredadas: Coplas e Alalás”, que suma para o concerto de peche do Cantos na Maré voces da Lusofonía que se unirán a este cuarteto.

Enredadas naceu co fin de promover, fomentar e difundir a arte como encontro; estreitar o coñecemento e a experiencia destas cantoras que revisitan a copla, a jota ou os alalás. Catro mulleres que reinventaron e revolucionaron estes xéneros e lles deron unha nova vida e unha nova visión desde o risco, a experimentación e a creación de novos contidos e arranxos que entroncan co jazz e outras músicas facendo que chegue a outra audiencia.

A afinidadade que senten vén dada polo atrevemento, a solidez e o humor cos que elas enfrontaron este reto. Diríase que son almas xemelgas de universos culturais diferentes, o que fará que o espectáculo sexa unha festa da música de raíz e de irmandade.Abordarán musicalmente o repertorio arroupadas polas guitarras de Sérgio Tannus e Marcos Teira, creando texturas ben curiosas entre as cordas que as acompañarán, as voces, as percusións e o piano de Carmen París.

Maria João & Pablo Lapidusas

DOMINGO 15 DE SETEMBRO ÁS 13:00 HORAS NO TEATRO PRINCIPAL

Maria João é unha cantora de jazz portuguesa. Ela é coñecida pola súa flexibilidade vogal e a súa capacidade de improvisación. Aínda que sexa normalmente asociada ao jazz a sua música incorpora unha mestura de folk/étnico, jazz moderno, música brasileira, avant-garde, electronica, sinfónico e outros estilos.

Maria João Monteiro Grancha (Lisboa, 1956), filha de pai portugués e nai mozambicana, é a gran dama da acrobacia vogal. Ela canta os máis diferentes xéneros e envólveos co seu particular estilo de interpretación. Presenta as súas cancións como mini dramas cheos de gracia e paixón explosiva, acompañada por unha linguaxe corporal dramática, incorporando tamén pasos de danza.

Durante máis de 25 anos traballou regularmente co pianista Mario Laginha, con quen lanzou ducias de discos e ofreceu centos de concertos por todo o mundo. Ten colaborado con grandes da música mundial como Gilberto Gil, Aki Takase ou Niels Henning. No Cantos na Maré estará acompañado polo pianista arxentino-brasileiro Pablo Lapidusas, que conta cunha sólida carreira en solitario, con varios discos publicados.

Web: http://mariajoao.org

https://pablolapidusas.com

CLARA PEYA

DOMINGO 15 DE SETEMBRO ÁS 18:00 HORAS NO TEATRO PRINCIPAL

España – pop, jazz, electrónicaPianista e compositora, Clara Peya é considerada unha das creadoras máis orixinais e únicas que apareceron nos últimos tempos na escena musical do país.

Unha biografía frenética que transita entre a música, elo teatro e o activismo e que este 2019 foi recoñecida co Premio Nacional de Cultura da Generalitat de Cataluña e co galardón a Mellor disco do año pola crítica dos Premios Enderrock para ‘Estómac’ (Satélite K, 2018).

Musicalmente, Peya é inclasificable: bascula entre a música de cámara, o jazz, o pop e a electrónica, mantendo sempre como centro de gravidade o piano.

Ela é enerxía e sentimento en estado puro, sen deixar de lado o grito e o compromiso coa liberdade. Unha personalidade artística contaxiosa e torrencial que en directo se ispe, se transforma e se dispersa por todo o escenario e máis alá. A súa forma persoal de tocar fixo que sexa considerada unha das pianistas catalás máis escénicas e transgresoras.

Feminista declarada, defínese a si mesma como «inquieta, visceral, intensa e transcendente». Clara Peya fuxe de tópicos e, sobre todo, cree no poder da arte para a denuncia «á miña música dígolle romántico-contemporánea ou punki-romántica». A música éo todo para ela, utiliza o piano para expresarse, ser libre e transmitir ideas.

Web: http://clarapeya.com/es/

Escenario Fest Galicia (PRAZA DA PEDREIRA)

Venres 13 de setembro (7€ anticipada / 9€ billeteira) - de 19.00 a 1.00

  • Sesión DJ
  • Laura Lamontagne (GL): hiphop, ambient, folclore medieval con cantigas de Martín Códax, composicións propias e adaptacións de Rosalía, Lorca ou Pessoa.
  • Vivi Pozzebon (ARX): fusión de ritmos arxentinos e latinoamericanos con músicas de raíces africanas festivas.
  • Bia Ferreira (BR): Cantora, compositora e multi instrumentista, Bia Ferreira conquistou o Brasil co seu canto de resistencia antirracista, que abaneou as estruturas racistas, machistas e LGBTIfóbicas do seu país
  • DJ Mil & Mohammed Yahya (GL/MZ): O galego Dj Mil e o mozambicano afincado en Londres traen un show cheo de hip hop, afro soul, enerxía e positivismo.
  • Sesión DJ

Sábado 14 de setembro (7€ anticipada / 9€ billeteira) - de 19.00 a 1.00

  • Sesión DJ
  • Livia Mattos (BR): A súa música mestura a música popular brasileira con influencias cosmopolitas, como o baile caribeño, a música nordestina e outras músicas rexionais do Brasil.
  • Zeltia Irevire (GL): A voz e a guitarra de Zeltia e o bodhran de Migui Carballido consiguen adentrarnos nunha viaxe onde o folk-rock e o blues se mesturan con outros momentos máis acústicos e tribais.
  • Sesión DJ
  • Tierra Fértil: proxecto que revisa a música de raíz e a improvisación con marabillosos músicos de Guiné-Bissau, Brasil, Galicia e Cuba: Alejandro Vargas, Dandara Dandara, Mú Mbana, Mauricio Caruso, Jose Manuel Díaz e Carlos Freire.
  • Assa Matusse (MZ): Vén de publicar o seu primeiro disco, ‘+ Eu’, que confirma a mozambicana como unha artista que fai da música un produto máis alá do efecto estético. Trátase dun traballo que quere ser un exemplo de loita, vencendo o medo, a soidade e o pesimismo.
  • Brazil Dub (BR): Orixinarios do estado do Espírito Santo, naceron hai pouco máis de un ano e son xa considerados pola crítica a nova promesa da escena reggae.
  • NaPalma (BR/MZ): O seu espectáculo é o resultado da mestura de grooves electrónicos poderosos coa percusións, os ritmos que proveñen da herdanza afrobrasileira e as voces en portugués, inglés e shangaan (Mozambique).

Fecha y hora

Ubicación

Pazo da Cultura de Pontevedra E Teatro Principal

Rúa de Alexandre Bóveda

s/n

36005 Pontevedra

Spain

Ver mapa

Guarda este evento

Evento guardado