Comidas - IV Xornadas de Bioconstrución. Materiais Vexetais na Construción.

Panel de acciones

Comidas - IV Xornadas de Bioconstrución. Materiais Vexetais na Construción.

Por ESPIGA. Asociación Galega para a Bioconstrución.

Fecha y hora

vie, 16 sep 2016 16:00 - dom, 18 sep 2016 14:00 CEST

Ubicación

Monforte de Lemos

s/n San Xoán de Tor 27591 Monforte de Lemos Spain

Descripción

INSTRUCCIÓNS DE REXISTRO:

Preme o botón verde que di "REGISTRAR" para reservar as comidas que se servirán polo cáterin organizado por ESPIGA durante as xornadas. A asociación organiza este cátering para evitar desprazamentos ata a vila, facendo as xornadas máis dinámicas. Ademais, reservando as comidas connosco estás a contribuir económicamente coa asociación.

Podes reservar comidas para varias persoas. Serás ti, o que as reserva, o que debe facer o ingreso do importe total na seguinte conta:

ES29 1491 0001 28 2092021423

Debes aboar o importe correspondente ás comidas reservadas e enviar o xustificante da transferencia a espigabioconstrucion@gmail.com. Por favor, indica no concepto da transferencia así como no asunto do correo "IVXornadasEspigaCOMIDAS" e indica no corpo do correo as comidas reservadas.

*Nalgúns apartados do formulario indícase que as entradas son gratis. Isto soamente quere dicir que o pago non se realiza a través da aplicación do formulario senón, pero todas as comidas teñen un prezo que deberá ser aboado por transferencia bancaria.

Menú e prezos:

  • Cea do venres (8€): Potaxe de cabaza e faba + Tostas de salseo variado + Sobremesa + Auga ou limonada

  • Almorzo do sábado (3€): Café ou infusión + Biscoito + Macedonia

  • Xantar do sábado (12€): Crema fría + Ensalada TuttiFruti de tempada + Empanada + Salteado de arroz integral con verduras asadas + Sobremesa + Auga ou limonada + Café, infusións...

  • Cea do sábado (8€): Crema de verduras + Montados de falafel + Sobremesa + Auga ou limonada

  • Almorzo do domingo (3€): Café ou infusión + Biscoito + Macedonia

  • Xantar do domingo (8€): Empanadeo + Ensaladilla da horta + Sobremesa + Auga ou limonada + Café, infusións...

Venderanse a parte outras bebidas durante as comidas.

Se tes calquera dúbida ou suxerencia podes escribir ao seguinte correo: espigabioconstrucion@gmail.com

Organizador

Ventas terminadas