Do ser humano á máquina: enredando coa enxeñaría mecánica - GNight25
Múltiples fechas

Do ser humano á máquina: enredando coa enxeñaría mecánica - GNight25

Por CITENI

Ensaiaremos motores de coches eléctricos e rexistraremos o movemento do corpo humano en tempo real e todo, sen saír do laboratorio.

Ubicación

Campus Ferrol - Esteiro - UDC

Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais 15403 Ferrol Spain

Good to know

Highlights

  • In person

Acerca de este evento

Science & Tech • Other

Como ensaiar o motor dun coche cando o coche aínda non se fabricou? O Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM) presentará un prototipo de banco de ensaios ciberfísico para motores eléctricos. Nun banco cíberfísico de ensaios próbanse compoñentes reais de vehículos (no noso caso, os motores que moven o coche) controlados por unha simulación do vehículo nunha contorna virtual. Así pódense ensaiar compoñentes en condicións de funcionamento reais, aínda que non se dispoña dun coche completo no que probalos. Ademais, o grupo de biomecánica fará unha demostración interactiva: colocarán sensores no brazo das persoas participantes para rexistrar os seus movementos, que se verán en tempo real nunha pantalla a través dun modelo virtual que imita o brazo.

*Importante: Durante este evento tomaranse fotografías e vídeos para a súa difusión na web e nas redes sociais do CITENI. Tamén acudirá prensa gráfica. Se non desexas aparecer nestes contidos, por favor, comunícallo á organización ou a persoa responsable da toma de imaxes durante o obradoiro.

Organizador

CITENI

Seguidores

--

Eventos

--

Hospedaje

--

Gratis
Múltiples fechas