As enerxías renovables tamén veñen do mar: o vento, o sol e as ondas poden transformarse en electricidade limpa. Neste obradoiro imos construír turbinas eólicas con pezas de LEGO e xogaremos a deseñar un parque mariño eficiente. O océano é unha fonte inesgotable de enerxía sostible.
A través deste obradoiro coñeceremos os principios básicos das enerxías renovables mariñas: a forza do vento (eólica), a luz do sol (solar) e o movemento das ondas (undimotriz). Para comprender como funcionan e que retos teñen, experimentaremos de forma práctica: construíndo turbinas eólicas con LEGO e participando nun xogo de mesa no que haberá que tomar decisións estratéxicas para optimizar recursos e crear o parque mariño máis eficiente. Ciencia, creatividade e diversión para imaxinar un futuro enerxético máis azul.
*Importante: Durante o evento tomaranse fotografías e vídeos para a súa difusión na web e nas redes sociais do CITENI. Tamén acudirá prensa gráfica. Se non desesaxes aparecer nestes contidos, por favor, comunícao á organización ou a persoa responsable da toma de imaxes durante o obradoiro.