Experimentación audiovisual con interfaces brandas con Maria Castellanos
Fecha y hora
Descripción
XORNADA MULLERES E INNOVACIÓN NAS ARTES INTERMEDIA
Un programa de xénero, unha fiestra de visibilidade para as mulleres que contribúen á cultura da innovación tecnolóxica no marco das Media_artes.
Unha cultura dixital sen precedentes, inclasificable e visionaria que fomenta o encontro do inesperado.
Un programa comisariado por Rosa Sánchez, directora artística do Festival Internacional ECOSS, ecosistemas do inesperado e da Compañía de arte Intermedia Kònic Teatro, de Barcelona.
OBRADOIRO DE CREACIÓN DIXITAL CONDUCIDO POR MARIA CASTELLANOS
DÍA 9 ABRIL. TEATRO COLÓN - HAL : 15h -19h
LABORATORIO DE EXPERIMENTACIÓN AUDIOVISUAL CON INTERFACES BRANDAS
No taller traballaremos con materiais condutores e siliconas que nos permitirá crear interfaces brandas e sensores, a través dos cales experimentaremos interaccións sonoras e visuais.
Para iso, os participantes crearán a súa propia interface sensible á presión mediante o uso de moldes creados en fabricación dixital.
O Laboratorio rematará cun Open lab de conclusións para compartir a experiencia e os procesos co público.
* BIOS: Maria Castellanos é Artista e investigadora. Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo
Un programa comisariado por Rosa Sánchez, www.koniclab.info