FEED 2025
Recién añadido

FEED 2025

Por Asociación Galega de Deseño

Introducción

O Foro de Deseño FEED 2025 presenta un programa de relatorios e iniciativas orientado a estudantes, docentes e profesionais do deseño.

O FEED é un evento bienal organizado pola DAG, Asociación Galega de Deseño, co obxectivo de xerar un espazo para que a comunidade do deseño poda compartir experiencias, ademais de reflexionar e debatir sobre cuestións relacionadas co desempeño da profesión.


PROGRAMA

VENRES 7 | Edificio CINC, Cidade da Cultura

10.00 - 12.00 H | OFF FEED

Espazo orientado ao alumnado das escolas de deseño. Presentacións das iniciativas:

  • Font Licensing Mess / María Ramos
  • Accesibilidade cognitiva e comunicación / Aitana García (FAG) e Raquel Boo
  • Avances no Arquivo do Deseño Galego / Óscar Otero e Pablo Silva
  • reXENerando: un xogo para dar a volta ao deseño


13.00 - 15.00 H | NETWORKING

Diálogos para sinerxías. O papel do deseño no desenvolvemento empresarial. Sesión de networking entre profesionais do deseño e representantes do tecido empresarial galego. Inscrición restrinxida


15.45 - 20.00 H | FEED

  • Acreditación e inauguración oficial do FEED 2025
  • Futuro e deseño: na encrucillada da imaxinación. Relatorio de Stef Silva
  • STOP MAKING SENSE. Recomendacións sen (demasiado) sentido para quen se inicia no deseño. Relatorio de Patricia Portela
  • Presentación proxectos alumnado das escolas de deseño
  • Mesa redonda: Crear nos tempos da IA, pactos de convivencia. Chus Rojo (ilustradora e membro de AGPI), Alberto Quián (docente na USC), Stef Silva (Invisible) e Carlos Lorenzo (deseñador e socio de DAG)


SÁBADO 8 | Fundación DIDAC | 10.00 h - 13.00 h

Achegamento ao pensamento de futuros. Perspectivas críticas do futuro desde a práctica do deseño. Taller a cargo de Stef Silva, fundadora e directora creativa de Invisible, laboratorio de investigación cultural, prospectiva e deseño do grupo Jungle. 20 prazas


SÁBADO 8 | Edificio CINC, Cidade da Cultura

15.45 - 20.00 H | FEED

  • Acreditación e benvida
  • Deseño contemporáneo da información: rupturas formais, contextuais e tecnolóxicas. Relatorio de Jorge Martínez
  • Xente. Relatorio de Mariola López
  • Cara unha cultura do deseño. Relatorio de Miguel Leiro
  • O cartel como territorio de encontro. A LUGA Poster Biennale. Relatorio de Vítor Quelhas e Horácio Marques
  • Coloquio cos participantes


Máis información: dag.gal

Categoría: Other

Información útil

Puntos destacados

  • 1 día 10 horas
  • En persona

Política de reembolsos

Reembolsos de hasta 7 días antes del evento

Ubicación

Cidade da Cultura de Galicia

s/n Monte Gaiás

15707 Santiago de Compostela Spain

Organizador

Asociación Galega de Deseño

Seguidores

--

Eventos

--

Hospedaje

--

Desde 20,19 €
nov 7 · 10:00 GMT+1