G-Night 2025 | Roteiro Castelao por Pontevedra

G-Night 2025 | Roteiro Castelao por Pontevedra

Por Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo

Con motivo da G-Night 2025, convidámoste a participar neste paseo para coñecer a pegada de Castelao na cidade de Pontevedra.

Fecha y hora

Ubicación

Praza de San Xosé

Escultura do faladoiro de Lombera 36001 Pontevedra Spain

Good to know

Highlights

  • In person

Acerca de este evento

Community • Historic

Roteiro Castelao – Coñecendo a pegada de Castelao en Pontevedra e profundando na súa obra gráfica


Camiñada por diferentes lugares da cidade de Pontevedra que tiveron algunha significación na vida e obra de Castelao. Castelao comezou a traballar como auxiliar de Estatística en Pontevedra a principios de 1916, e residiría na cidade ata 1936. Nesta cidade comeza a colaborar axiña cos intelectuais da vila e nos círculos culturais que alí existían. Serán anos moi prolíficos na súa obra e na súa actividade política.

Nesta camiñada realizada en colaboración coa Área de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e guiada por Roberto Rivas Reboredo, historiador experto en Castelao, preténdese achegar ao público a figura de Castelao nestes anos e o vínculo entre o traballo a prol da lingua galega e o espazo urbano de Pontevedra, ademais de recordar outros fitos da historia da cidade.

O percorrido comezará ás 16.30 horas na praza de San Xosé cunha parada no edificio onde se situaba o Café Moderno. A seguir, visitaranse diferentes puntos emblemáticos como as rúas da Oliva e de César Boente, as prazas da Ferraría, da Pedreira e de Santa María. A camiñada rematará no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra arredor das 18.00 h.

Tralo roteiro a cargo de Roberto Rivas, realizarase unha parada no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. Neste lugar a doutora en Historia e Arte Diana Vilas, profesora no Mestrado en Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo e experta na obra gráfica de Castelao, achegaranos á representación da nenez nas estampas deste persoeiro, xunto á doutora en Filoloxía Galega e profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña, que aludirá á actualidade de Castelao por canto foi quen de representar tanto a explotación e a vulnerabilidade dos animais como a súa empatía con eles.

Cousas a ter en conta:

  • Lembrade levar roupa e zapato cómodo e ganas de aprender.
  • Importante levar tamén as entradas impresas ou no móbil.
  • Para calquera dúbida, poñédevos en contacto coa Unidade de Cultura Científica no teléfono 986 130 263 ou no correo electrónico ucc@uvigo.gal.

Máis info en: www.gnight.gal

Organizador

A la venta: 16 sept. 2025 a las 8:00