Heroes que dormen, heroes que resisten, heroes que mudan | Alfoz

Panel Acciones y detalles

Ventas terminadas

Ha finalizado la venta de entradas

Los registros se han cerrado
Grazas pola túa reserva. Vémonos o día do espectáculo :)

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Castelo de Castrodouro

1P Lugar Castro de Ouro

27776 Alfoz

Spain

Ver mapa

Ha finalizado la venta de entradas

Los registros se han cerrado
Grazas pola túa reserva. Vémonos o día do espectáculo :)
Descripción del evento
Música e historias da historia con Manuel Gago, Mano Panforreteiro e Teresa Jarreño

Acerca de este evento

Gregos e romanos estaban convencidos de que os homes, a diferencia dos deuses, só podían ser inmortais cando acadaban unha sona tan definitiva que xa nunca puidera ser esquecida. Pero para as culturas atlánticas, os heroes poden ser esquecidos e revivir, tras un longo soño nas illas, cando os tempos son chegados; os heroes galegos teñen a propiedade de mudar de pel para vivir agachados no futuro. Esta intervención no Castelo de Castrodouro, de a cabalo entre a narración oral e a conferencia, explora os sinuosos mecanismos de resiliencia, resistencia e subversión polos que na cultura galega, entre o culto popular, a tradición oral, as mitoloxías inventadas e a memoria colectiva, se forxan os heroes que viven, presentes ou agachados, no noso imaxinario.

Conferencia e música | Público adulto | Galego

Sobre Manuel Gago

Manuel Gago (Palmeira, Ribeira, 1976), é xornalista, escritor e comisario de exposicións. É director de culturagalega.gal, a plataforma de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Os seus últimos libros son a novela Nus (Xerais, 2021) e O sangue das pantasmas (Festival Atlántica e Libraría Couceiro, 2020). A súa última exposición é Galicia, un relato no mundo (Museo Gaiás, 2019). No ámbito da divulgación científica e cultural mantén colaboracións radiofónicas na Radio Galega e columnas en La Voz de Galicia, El Progreso e Diario de Pontevedra e é membro dos grupos de investigación en Novos Medios da USC e Romanarmy.eu.

Mano Panforreteiro e Teresa Jarreño serán os artistas que acompañarán coa súa música á conferencia de Manuel Gago.


		Imagen de Heroes que dormen, heroes que resisten, heroes que mudan | Alfoz

Fecha y hora

Ubicación

Castelo de Castrodouro

1P Lugar Castro de Ouro

27776 Alfoz

Spain

Ver mapa

Organizador Festival Atlántica

Organizador de Heroes que dormen, heroes que resisten, heroes que mudan | Alfoz

Guarda este evento

Evento guardado