IA aplicada ao teu negocio!
Recién añadido

IA aplicada ao teu negocio!

Por Startup Galicia

Exploraremos como aplicar a intelixencia artificial nos procesos da túa empresa, non só desde a teoría, senón tamén con exemplos prácticos.

Ubicación

Gradiant

56-58 Estrada do Vilar 36214 Vigo Spain

Good to know

Highlights

  • 2 hours
  • In person

Acerca de este evento

🤖 Neste fiadeiro exploraremos como aplicar a intelixencia artificial nos procesos da túa empresa, non só desde a teoría, senón tamén con exemplos prácticos. O obxectivo é que descubras ferramentas e enfoques que che permitan mellorar a eficiencia e abrir novas oportunidades no teu negocio.

📊 Ao longo do taller profundaremos en procesos e automatismos útiles para incrementar a produtividade, reducindo tarefas repetitivas e liberando tempo para que poidas centrarte no que realmente importa. Trátase dunha sesión pensada tanto para comprender as bases da IA como para ver aplicacións directas no día a día empresarial.

Un taller ideal para quen desexa mellorar os procesos e o tratamento da información na sua empresa.

Este taller realízase no marco do proxecto STARTTIC - Incubadora de Alta Tecnología de impulso ao sector TIC en Vigo, ó amparo da iniciativa “Infraestructuras destinadas a Incubadoras de Alta Tecnología en sectores estratégicos emergentes en Europa”.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional dentro do Programa Operativo Plurirregional de España FEDER 2021-2027, e conta cun orzamento total de 3.526.746,50 euros de investimento, dentro da Prioridade: P1A do Programa, destinada a favorecer unha Transición dixital e intelixente e, dentro dela, no Obxectivo Específico 1.3 “Refuerzo del Crecimiento sostenible y la competitividad de las pymes y la creación de empleo en estas, también mediante inversiones productivas”.

📍 A ubicación confirmarase nos próximos días, pero animámoste a reservar a túa praza xa! Por suposto, ao rematar haberá un espazo de networking entre poñentes e asistentes.

Agardámoste! ♥️

Organizador

Startup Galicia

Followers

--

Eventos

--

Hosting

--

Gratis