IA aplicada ao teu negocio!

IA aplicada ao teu negocio!

Por Startup Galicia

StartTIC, en colaboración con Startup Galicia, organiza un novo Fiadeiro Startup: un taller de innovación e emprendemento centrado na IA

Fecha y hora

Ubicación

Auditorio del Consorcio de la Zona Franca de Vigo

Rúa Oporto, 1 3620 Vigo Spain

Good to know

Highlights

  • 2 hours
  • In person

Acerca de este evento

Science & Tech • High Tech

🤖 Neste fiadeiro exploraremos como levar a IA ao corazón da túa empresa: non só desde a teoría, senón tamén con exemplos prácticos e aplicables. O obxectivo é que descubras ferramentas e enfoques que che permitan mellorar a eficiencia, reducir tarefas repetitivas e abrir novas oportunidades de negocio.

✨ Arrincamos coa visión teórica de Dani García Ciego, Director da área de Sistemas Intelixentes en Gradiant, que nos axudará a comprender as bases e o potencial da IA.🚀 Continuamos coa parte práctica da man de Lara Neira, CEO de Nigal, quen mostrará como aplicar a intelixencia artificial directamente nos procesos core dunha empresa.

📊 Ao longo da sesión profundaremos en procesos e automatismos útiles para incrementar a produtividade, liberar tempo e centrar os esforzos no que realmente importa.

Un taller pensado tanto para entender os fundamentos da IA como para descubrir aplicacións reais no día a día empresarial.

🧠 Un taller ideal para quen desexa optimizar procesos e mellorar o tratamento da información na súa empresa.

📍 Comezamos ás 18:00h no Edificio Consorcio da Zona Franca de Vigo (entrada pola porta lateral).Ao rematar, habilitaremos un espazo para facer networking con outras persoas asistentes e coas poñentes.

✨ Este taller realízase no marco do proxecto STARTTIC – Incubadora de Alta Tecnoloxía para o impulso ao sector TIC en Vigo, promovido ao abeiro da iniciativa europea para sectores estratéxicos emerxentes.

📈 O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2021–2027, cun orzamento total de 3.526.746,50 €. Enmárcase na Prioridade P1A: Transición dixital e intelixente, e no Obxectivo Específico 1.3: Reforzo do crecemento sostible e a competitividade das pemes.

Organizador

Startup Galicia

Seguidores

--

Eventos

--

Hospedaje

--

Gratis
sep 18 · 18:00 GMT+2