IA aplicada ao teu negocio!

IA aplicada ao teu negocio!

Por Startup Galicia

Exploraremos como aplicar a intelixencia artificial nos procesos da túa empresa, non só desde a teoría, senón tamén con exemplos prácticos.

Fecha y hora

Ubicación

Zona Franca Vigo - Sede principal

46 Rúa do Areal 36201 Vigo Spain

Good to know

Highlights

  • 2 hours
  • In person

Acerca de este evento

Science & Tech • High Tech

🤖 Neste fiadeiro exploraremos como aplicar a intelixencia artificial aos procesos da túa empresa, non só desde a teoría, senón tamén con exemplos prácticos. Queremos que descubras ferramentas e enfoques que che axuden a mellorar a eficiencia e abrir novas oportunidades no teu negocio.

📊 Ao longo do taller profundaremos en procesos e automatismos útiles para incrementar a produtividade, reducindo tarefas repetitivas e liberando tempo para que poidas centrarte no que realmente importa. Unha sesión pensada tanto para comprender as bases da IA como para ver aplicacións directas ao día a día empresarial.

🧠 Un taller ideal para quen desexa optimizar procesos e mellorar o tratamento da información na súa empresa.

📍 Comezamos ás 18:00h no Edificio Consorcio da Zona Franca de Vigo (entrada pola porta lateral).Ao rematar, habilitaremos un espazo para facer networking con outras persoas asistentes e coas poñentes.

✨ Este taller realízase no marco do proxecto STARTTIC – Incubadora de Alta Tecnoloxía para o impulso ao sector TIC en Vigo, promovido ao abeiro da iniciativa europea para sectores estratéxicos emerxentes.

📈 O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2021–2027, cun orzamento total de 3.526.746,50 €. Enmárcase na Prioridade P1A: Transición dixital e intelixente, e no Obxectivo Específico 1.3: Reforzo do crecemento sostible e a competitividade das pemes.

Organizador

Startup Galicia

Seguidores

--

Eventos

--

Hospedaje

--

Gratis
sep 18 · 18:00 GMT+2