
Laboratorio Aberto - Segunda Xornada de Escornabots
Información sobre el evento
Descripción
Tras construír os escornabots o anterior sábado, invitámosvos agora a continuar coa festa.
Para os que non puidestes vir á primeira xornada, construiremos un escornabot dende o principio (ademais de xa ter os trucos aprendidos para solventar os problemiñas que xurden sempre o primeiro día).
Para os que xa o construístes no anterior obradoiro, podédelo traer ou retomar como o deixastes aquí. Remataremos a botoeira e faremos que todos funcionen!
Ademais, veremos algunhas posibles actividades para facer cos escornabots funcionando.
Lembrade traer un portátil e ganas de pasalo ben. Vémonos o 17 para divertirnos cos robots!
* As prazas no obradoiro de escornabos son limitadas, pero tamén podes acudir simplemente a coñecer o espazo.
* O obradoiro está recomendado para adultos e tamén para cativos (acompañados) a partir de 6 anos.
--------------
O "Laboratorio Aberto" de Árticos é un novo espazo maker e creativo en Arteixo onde xuntarse regularmente para prototipar, facer e aprender de xeito colaborativo e aberto sobre hardware, software ou creación dixital e audiovisual.
No "Laboratorio Aberto" poden participar todas aquelas persoas con interese no eido, independentemente do seu nivel de coñecementos ou idade. De feito, buscamos potenciar tamén a participación de familias, con actividades pensadas para compartir as nais e pais xunto aos seus fillos e fillas.
Durante febreiro e marzo estamos a celebrar varias xornadas de portas abertas, como esta do vindeiro sábado 17 de marzo.