MEDIDA X MEDIDA DE SHAKESPEARE | Vigocultura |
Información sobre el evento
Acerca de este evento
MEDIDA X MEDIDA DE SHAKESPEARE | Vigocultura el viernes, 11 de Diciembre de 2020 a las 21:00h. en el Auditorio Municipal de Vigo.
- Compañía: Producións Teatráis Excéntricas
- Espectáculo: MEDIDA X MEDIDA DE SHAKESPEARE
- Xénero: teatro comedia
- Autoría: William Shakespeare
- Dirección e adaptación: Quico Cadaval
- Escenografía e vestiario: Suso Montero
- Deseño de son e música: Bernardo Martínez
- Deseño de iluminación: Dani Juncal
- Elenco artístico: Melania Cruz, Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay, Víctor Mosqueira.
- Idioma: galego
- Idade recomendada: público adulto
- Duración: 110 minutos
- Precio: 8 €
Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cae a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un xove de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a súa irmá monxa, a abandonar o convento por tres días coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a súa brancura virxinal. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na súa carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecíbel baixo o hábito de frade mendicante.
Unha comedia negra que coquetea constantemente co desastre. Un thriller inclasificable.