Panel de acciones
MOBILIZANDO O MUNDO CON BLOCKCHAIN
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Cuándo y dónde
Fecha y hora
Ubicación
Faculdade de Ciências Económicas é Empresariais s/n Avenida do Burgo das Nacións 15782 Santiago de Compostela Spain
Mapa y direcciones
Cómo llegar
Acerca de este evento
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Alastria (asociación que fomenta a economía dixital a través do desenvolvemento de tecnoloxías de rexistro descentralizadas/Blockchain) a Facultade de CC. Económicas e Empreariais da USC e a Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (UVigo) , celebran a xornada “Mobilizando o mundo con Blockchain”.
BlockChain é unha tecnoloxía disruptiva que abre as portas a novos modelos de negocio, aporta confianza e automatiza procesos empresariais de todos os sectores, como acortar os pagos internacionais de días a horas, dar trazabilidade ás cadeas de subministro, chegando mesmo en algúns procesos a aforrar ata o 90% de custes de xestión de transporte e loxística.
A tecnoloxía BlockChain (cadea de bloques) e resto das DLTs son como un xigantesco libro de rexistros que recolle todos os datos dun intercambio con valor. Este gran libro está gardado de forma descentralizada nos nodos (ordenadores) da rede utilizada polo sistema, coa peculiaridade de que a información se replica por igual en todos os nodos.