NOVA EDICIÓN | Roteiro das desterradas | Carme Varela (Galicia) | SCQ

NOVA EDICIÓN | Roteiro das desterradas | Carme Varela (Galicia) | SCQ

Panel Acciones y detalles

Agotado

Fecha y hora

Ubicación

Igrexa de San Paio de Antealtares (na porta)

Rúa de San Paio de Antealtares

15704 Santiago de Compostela

Spain

Ver mapa

Da man de Carme Varela percorremos os espazos de Compostela relacionados cos acontecementos que se narran en 'As desterradas'

Acerca de este evento

CARME VARELA

Licenciada en Filoloxía galega, completei a miña formación cun mestrado en xestión cultural na Universidade de Barcelona. A miña conexión co teatro comezou na época de estudante no grupo universitario EIS e na compañía Os Quinquilláns. Rematada a carreira, compaxinei traballos na Fundación Castelao como secretaria técnica con outros no campo da produción e distribución teatral coas compañías Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Tamén traballei na empresa de servizos teatrais RTA. Fun directora de produción no Centro Dramático Galego e dende o ano 2007 a miña vida laboral estivo ligada á empresa de comunicación Atlantis Multimedia onde participei en proxectos de publicidade ou na produción de películas documentais como A palabra xusta dirixida por Miguel Piñeiro.

As desterradas, galardoada no XXV Premio Álvaro Cunqueiro, foi o meu primeiro texto teatral e foi creado como unha actividade para desenvolver no seo da asociación de patrimonio medieval 'O Sorriso de Danie'l da que son secretaria e que axudei a fundar en 2010.

ROTEIRO DAS DESTERRADAS | ADULTOS | EN GALEGO

A finais do século XV e comezos do XVI os mosteiros bieitos galegos víronse sacudidos por unha Reforma que os levou a unha pelexa de case 30 anos nos que se enfrontaron a tres papas diferentes e dúas raíñas. Un episodio da nosa historia poucas veces relatado e nunca cuestionado. Quince mosteiros coas súas abadesas estiveron durante todo ese tempo no centro dun gran conflito no que se mesturaba a relixión e a política.

Unha peza teatral baseada naqueles acontecementos foi a gañadora do premio de Teatro Álvaro Cunqueiro na súa vixésimo quinta edición: As desterradas. Da man da súa autora -Carme Varela-, percorremos os espazos de Compostela relacionados con estes feitos: o mosteiro de San Paio de Antealtares, o mosteiro de San Martiño Pinario, o Hospital de Peregrinos, o mosteiro de Belvís…

No percorrido reviviremos a reclusión das monxas contra a súa vontade, asistiremos a un xuízo infame no que os xuíces son tamén parte. E se estamos atentos mesmo poderemos contemplar unha fuxida masiva de abadesas que conseguen forzar a clausura e retomar o control dos seus vellos mosteiros por un tempo. O espolio, a violencia, mesmo os asasinatos sairannos ao encontro.

Imagen de NOVA EDICIÓN | Roteiro das desterradas | Carme Varela (Galicia) | SCQ

Compartir con amigos

Guarda este evento

Evento guardado