Nubas e melodías de al-Ándalus - Iman Kadoussi, voz e percusións & Aziz Sam

Nubas e melodías de al-Ándalus - Iman Kadoussi, voz e percusións & Aziz Sam

Panel Acciones y detalles

15 €

Fecha y hora

Ubicación

Monastery of Santa Cristina de Ribas de Sil

s/n Carretera de Castro

32740 Parada de Sil

Spain

Ver mapa

Política de reembolso

Contacta con el organizador para solicitar un reembolso.

La tarifa de Eventbrite no es reembolsable.

Iman Kadoussi, voz e percusións & Aziz Samsaoui, kanun, ud e saz

Acerca de este evento

Nubas e melodías de al-Ándalus

Iman Kadoussi, voz e percusións & Aziz Samsaoui, kanun, ud e saz

Sábado, 17 de setembro de 2022 - 19:00h

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Parada de Sil, Ourense

Organiza: Concello de Parada de Sil

Coordina: Shelly Art Management

Entradas: 15€

https://www.eventbrite.com/e/379818386017

https://www.facebook.com/events/308339221511257

---

http://santacristinainmusica.eventbrite.com

https://www.facebook.com/santacristinainmusica

http://www.shellyart.com/santacristinainmusica/cartel_2022.pdf

---

http://paradadesil.es

https://www.facebook.com/Turismo-Parada-de-Sil-405562159569987

---

Santa Cristina in musica

---

Programa

Nawbat al Istihlal

Instrumental

Oh, que bela tarde coa beleza!

Moaxaja de Ibn al-Jatib (Loja-Fez, s.XIV)

A quen ama o profeta

Zéjel de Sustari (Guadix-O Cairo, s.XIII)

O mensaxeiro do amor

Moaxaja de Ibn al-Barraq (Guadix, ss.XII-XIII)

Composición gharnati (da tradición granadina) cantada en Arxelia

O reiseñor

Zéjel de Ibn Quzman (Córdoba, ss.XII-XIII)

Qué lonxe de min, al-Ándalus!

Moaxaja de Ibn Jafáya (Alzira, 1508-1139)

Os meus amores

Zéjel

Composición conservada na tradición tunesina

Os namorados

Romance de Ibn al-Aríf (Almeria, 1188-Marrakech 1141)

Os namorados e a lúa

Romance de tradición tetuaní (Marrocos)

Iman Kandoussi, voz e percusións

Nada en Tetuán (Marrocos) en 1984, Iman Kandoussi pertence a unha familia profundamente ligada á tradición popular, artística e intelectual do seu país. Aos 10 anos, comezou os estudos de canto arábigo-andaluz e de laúde árabe no Conservatorio Superior de Música de Tetuán. A partir dos 15 anos, cursou técnicas de interpretación con grandes mestres como Amin al Akrami e Hicham Zouibairi, e especializouse no antigo estilo das moaxajas, nos cánticos clásicos árabes e sirios e no repertorio das Nubas da música andalusí. Podemos asegurar que Imán non só posúe unha das voces máis fascinantes do panorama musical mediterráneo, senón que tamén é unha das súas cantantes máis versátiles e sólidas.

Nos últimos anos, participou no Festival Internacional de Tetuán e no concurso musical Nuyúm wa nuyúm (Estrelas e estrelas). Actuou coa Orquesta Andalusí da Cidade de Tetuán baixo a dirección de Mehdi Chaachoo.

Tamén participou no disco do cantaor flamenco Juan Peña “El Lebrijano” Puertas abiertas. Destaca igualmente a súa participación no ciclo de música Mujeres del mundo, no castelo de Santa Catalina (Cádiz) co grupo Estampie, e no festival In Spiritum no salón árabe do Palácio da Bolsa de Oporto (Portugal).

Aziz Samsaoui, kanún, ud e saz

Aziz Samsaoui naceu en Marrakech (Marrocos). Multi-instrumentista de orientación esencialmente autodidacta e formado no Conservatorio Superior de Música Andalusí de Tetuán, Aziz realizou estudos de laúde e violín andalusí baixo a dirección do mestre Telemsaní e, posteriormente, perfeccionouse con outros mestres, entre eles Mezuak e Amin Al-Akrami.

Formou parte da Orquesta Joven do Conservatorio de Música Andalusí de Tetuán, coa que participou en distintos festivais nacionais e no extranxeiro. Durante tres anos foi profesor de Principios de Música Andalusí no Instituto Juan de la Cierva (Tetuán). O seu interese pola música antiga, étnica e tradicional levouno a progresar nun inesgotable itinerario musical a través de distintos instrumentos de corda (laúde, ud, rebaba, viola, salterio e kanún). En 1999 foi invitado ao Festival de Música Antiga da Universidade de Tartu (Estonia) onde impartiu seminarios sobre estes instrumentos. Participou nos festivais de Santander, Canarias e Granada, no Festival Islâmico de Mértola (Portugal), no Festival In Spiritum (Oporto) e no proxecto europeo Oralidades.

A súa traxectoria artística inclúe colaboracións e gravacións con grupos e intérpretes de diversos estilos musicais como Cinco Siglos, Alía Música, Capella de Ministrers, Estampie, Dufay Colective, Michel Nyman & Orquesta Chekara, Orquesta Filarmónica de Málaga, Enrique Morente, Arcángel, Segundo Falcón, Ana Reverte, Samira Kadiri, Ensemble Andalusí de Tetuán ou Al Andaluz Project. Fixo gravacións para RTVE, Canal Sur e RNE.

Aziz Samsaoui dirixe e produce o MAG, Festival de Música Antigua de Granada, dende a súa primeira edición no ano 2016. Tamén colabora no Ciclo de Música Antigua en los Muse

Compartir con amigos