O CANDIL
Información sobre el evento
Descripción del evento
"O Candil", unha comedia musical interactiva sobre tres mulleres moi distintas que buscan o propio ser nun momento de cambio social.
Acerca de este evento
Carmela, tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabillón Lino, un famoso teatro de variedades. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento. Esta, ve nas dúas mulleres boas calidades artísticas e invitaas a participar no seu show. Carmela e Marica acaban aceptando, case perdendo de vista, o propósito oculto que as levou ó teatro.