Os tres piares básicos da ciberseguridade, con Paz Cariñena - dooingIT
Fecha y hora
Ubicación
Evento online
Terceiro webinar dentro do ciclo As tecnoloxías que necesitaremos para sair adiante de Startup Galicia. Este será sobre Ciberseguridade
Acerca de este evento
Paz Cariñena é Socia cofundadora de dooingIT. Matemática de mente inqueda, con máis de 20 anos de traballo en contornas tecnolóxicas e de ciberseguridade. Certificada en PMP, ITIL, Scrum, PRINCE2 e BA. Formadora vocacional e coa "mala costume" de apuntarse a un bombardeo.
O problema: a ciberseguridade non é unha moda nin unha cuestión de grandes corporacións. Tampouco é unha cuestión que afecta unicamente ao departamento de tecnoloxía, senón que se trata dun tema transversal que involucra a todos os departamentos da empresa. Hoxe en día, cando o valor das empresas é a información, protexela con´vertese nunha necesidade.
Os tres piares da ciberseguridade: sobre os que Paz nos falará no webinar son: as persoas, as ferramentas e servizos tecnolóxicos e a transferencia do risco.