PEDRA, barro no camiño: a olería e o traballo das mulleres con Cátia Cardos

Panel Acciones y detalles

Ventas terminadas

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Reitoral da Chaira

13 Barrio a Eirexa

32611 Trasestrada

Spain

Ver mapa

Descripción del evento
O obradoiro afondará na ligazón entre esta produción e o traballo do barro coa identidade do país veciño.

Acerca de este evento


		Imagen de PEDRA, barro no camiño: a olería e o traballo das mulleres con Cátia Cardos

Cardoso, alumna do Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo e das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña, quere agora documentar, analizar e entender a tradición oleira de Portugal, un país que "sempre tivo ao longo do tempo unha forte tradición ligada ao emprego do barro e á produción de distintas pezas (figuras, louza utilitaria e máis actualmente olaría e cerámica contemporánea)". Estes aspectos, e sobre todo a incorporación de novas técnicas e formas, engade, "elevan este traballo artesanal á categoría de arte e indican a súa revalorización con respecto a períodos anteriores". Neste contexto, o seu proxecto "ten como foco de investigación e como panel de previsión de resultados a valorización da arte oleira en canto patrimonio diversificado e transversal, un medio de transmisión de saberes, un vehículo de aspectos culturais e de costumes materiais e inmateriais".

Segundo explica a investigadora, "de norte a sur son moitos os locais e centros onde a presenza desta práctica se transformou nun medio de subsistencia e cuxas familias aínda hoxe teñen o coidado de manter e perpetuar procesos tradicionais, resistindo á era da mecanización, industrialización e tecnoloxía actual". Para executalo, entres as tarefas a desenvolver está a de compoñer "un necesario estado da arte sobre a propia produción académica relativa a estas cuestións", empregando para iso a bibliografía especifica neste eido.

MEDIDAS COVID EN PEDRA.

CONTAXIEMOS SEGURIDADE.

Conscientes das complicacións deste 2021 e as medidas impostas pola pandemia, a organización seguirá medidas para a prevención do Covid-19, e cumpriremos cos requisitos e medidas hixiénicas que sexan obrigatorias na data de celebración, pero tamén precisamos que tí, como asistente, o saibas, o entendas, sexas responsable e tomes medidas individuais. Contaxiemos seguridade.

MEDIDAS COMÚNS PARA TODO O RECINTO

Lembra que o uso da máscara é obrigatorio en todo momento.

Non está permitido fumar en ningún punto do obradoiro.

Procura manter a distancia de seguridade de 2 metros con outras persoas.

Se pensas que podes ter síntomas de COVID-19 ou estar en contacto con alguén diagnosticado do virus, por favor queda na casa. Seguro que teremos oportunidade de atopármonos de novo en circunstancias máis sinxelas para todas.

MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA AS ACTIVIDADES

Recomendámosche levar esta entrada descargada no teu móbil para evitar no posible o contacto co papel. O medio ambiente tamén agradece.

Se adquires esta entrada para varias persoas (máximo 4), accederedes á actividade xuntas, para poder ser acomodadas como tal. Será necesario que cheguedes ao espazo cunha antelación mínima de 20 minutos, para facilitar a entrada escalonada. En caso contrario, o voso asento reservado non estará garantido.

OUTRAS MEDIDAS DE INTERESE

A visita actividade vai ser gravada. A reserva desta entrada implica a aceptación tácita de que A Bela Auria pode empregar as imaxes tirada no transcurso da visita para fins de promoción de actos culturales da propia entidade, sempre que estes non teña ánimo de lucro.

Fecha y hora

Ubicación

Reitoral da Chaira

13 Barrio a Eirexa

32611 Trasestrada

Spain

Ver mapa

Organizador A Bela Auria

Organizador de PEDRA, barro no camiño: a olería e o traballo das mulleres con Cátia Cardos

Guarda este evento

Evento guardado