Gratis

Presentación do Laboratorio Aberto + Obradoiro "Montando escornabots"

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Espazo de coworking de Árticos (1º esq.)

Avda. de Fisterra, 237

15142 Arteixo

Spain

Ver mapa

Descripción del evento

Descripción

Comezamos a andaina do "Laboratorio Aberto" de Árticos, un novo espazo maker e creativo en Arteixo onde xuntarse regularmente para prototipar, facer e aprender de xeito colaborativo e aberto sobre hardware, software ou creación dixital e audiovisual.

No "Laboratorio Aberto" poden participar todas aquelas persoas con interese no eido, independentemente do seu nivel de coñecementos ou idade. De feito, buscamos potenciar tamén a participación de familias, con actividades pensadas para compartir as nais e pais xunto aos seus fillos e fillas.

Tanto o programa de actividades como os horarios irémolas definindo entre as persoas que se asocien a este novo espazo, para o cal celebraremos unha primeira xornada de portas abertas. Será o vindeiro sábado 24 de febreiro de 10h a 14h.

--------------

Durante esa mesma mañá, para quen desexe poñerse xa mans á obra, celebraremos un obradoiro* gratuíto de montaxe de escornabots, uns robots con arduino que podemos programar para que se movan seguindo as nosas ordes. E se vos animades, tamén faremos algunha soldadura!

* As prazas no obradoiro son limitadas e xa están esgotadas.
* O obradoiro está recomendado para adultos e tamén para cativos (acompañados) a partir de 6 anos.

Comparte con tus amigos

Fecha y hora

Ubicación

Espazo de coworking de Árticos (1º esq.)

Avda. de Fisterra, 237

15142 Arteixo

Spain

Ver mapa

Guarda este evento

Evento guardado