Realidade aumentada e mixta para o estaleiro do futuro

Realidade aumentada e mixta para o estaleiro do futuro

Nesta actividade, os asistentes coñecerán a aplicación da Realidade Aumentada e Mixta aos traballos que se levan a cabo nun estaleiro.

Por CIT

Fecha y hora

vie, 24 sep 2021 17:00 - 21:00 CEST

Ubicación

Campus Ferrol - Esteiro - UDC

Edificio de Talleres Tecnolóxicos 15403 Ferrol Spain

Acerca de este evento

O obxectivo desta actividade é presentar ao público xeral os derradeiros avances nas aplicacións de Realidade Aumentada e Mixta levados a cabo pola UDC e para seren empregados no Estaleiro do futuro. Algúns exemplos destas aplicacións inclúen: a visualización das partes internas dun bloque de construción do buque, o display realista dun mapa do estaleiro ou unha aplicación para levar a cabo de forma colaborativa o mantemento e reparación de buques e da súa maquinaria. Se for posible, estas aplicacións serán probadas polos asistentes empregando gafas de Realidade Aumentada, aínda que en calquera caso amosarase o que están mostrando as gafas a través de medios de visualización externa.

Esta actividade está pensada para todo tipo de público, pero se acuden menores de idade deberán ir acompañados por algún adulto.

INFORMACIÓN IMPORTANTE: O taller de Realidade Aumentada non está recomendado para persoas con problemas de epilepsia

Este taller levarase a cabo no Taller de Edificios Tecnolóxicos do Campus de Esteiro (Ferrol).

Consulta a web do evento G-Night , para ver o resto de talleres dispoñibles.

Organizador

Ventas terminadas