Solo de ciencia

Solo de ciencia

Por Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo

Introducción

Sesión de monólogos científicos no Vitruvia Café de Vigo, entrada gratuíta e para todos os públicos.

No marco do Plan de Ciencia de Ida e Volta, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo organiza esta sesión de monólogos científicos como colofón das actividades para conmemorar o Día da Ciencia en Galego, en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Neste espectáculo de comedia e ciencia tamén participará a persoa gañadora do I Concurso de monólogos científicos da UVigo "Gargallada científica", que interpretará o seu monólogo ao vivo, xunto con outras divulgadoras e divulgadores en galego.


Programa:

  • Nanopartículas para flipar en cores - Ángela Arnosa

Máis aló do que podemos ver cos nosos ollos, existe un mundo diminuto, tan diminuto que conta coas súas propias regras. O mundo das nanopartículas, uns materiais con aplicacións punteiras que están a revolucionar campos coma a biomedicina. Pero... sabías que nese mundo, o ouro pode ser de cor vermella e a prata de cor amarela?

  • As bacterias da miña boca - Andrea Muras

O monólogo conta de xeito sinxelo como as bacterias na boca se xuntan para formar a placa dental. Explica como estas bacterias falan entre si para organizarse e insta a manter unha boa limpeza dos dentes para evitar problemas.

  • Monólogo persoa gañadora I Concurso de Monólogos Científicos da UVigo - Gargallada Cien´tífica
  • Colofón: Monólogo Eureka! - Quico Cadaval


Esta actividade é gratuíta pero requírese inscrición previa. Prazas limitadas ata completar aforo.

Categoría: Arts, Other

Información útil

Puntos destacados

  • 2 horas
  • En persona

Ubicación

Vitruvia Café

7 Rúa da Reconquista

36201 Vigo Spain

Organizador

Gratis
dic 11 · 18:30 GMT+1