Visita guiada: Os lagos como centinelas do cambio ambiental: o caso do lago

Panel de acciones

Visita guiada: Os lagos como centinelas do cambio ambiental: o caso do lago

Pretendemos facer chegar ao público a importancia do estudo dos lagos para o coñecemento dos cambios ambientais que ocorreron no pasado,

De UDCC

Cuándo y dónde

Fecha y hora

Ubicación

Edificio de Apoyo al Estudio - UDC s/n Avenida Vigo 15403 Ferrol Spain

Mapa y direcciones

Cómo llegar

Acerca de este evento

Os lagos son elementos singulares da paisaxe, moi abundantes nalgúns lugares do mundo, pero moi escasos en Galicia. Trátase de ecosistemas moi sensibles aos cambios ambientais. Calquera modificación que ocorra, tanto natural, como producida polo home, terá unha repercusión sobre eles. Algúns destes cambios poden ter unha natureza local (p.e., un foco de contaminación) ou global (p.e. un cambio no clima), pero case sempre producirán un cambio nas características do lago. A información sobre como foron estes cambios no pasado queda contida nos seus sedimentos, que constitúen a memoria dos acontecementos ocorridos na vida dos lagos.

Nesta actividade pretendemos facer chegar ao público a importancia do estudo dos lagos para o coñecemento dos cambios ambientais que ocorreron no pasado, e como este coñecemento pode utilizarse para xestionar mellor o noso futuro. Ensinaremos aos participantes como os científicos realizan o estudo do lago de Doniños, o lago de auga doce máis grande de Galicia, tanto para coñecer as súas características actuais, como para reconstruír a súa evolución ao longo dunha historia fascinante ocorrida nos últimos 10.000 anos. A actividade inclúe unha visita en autobús ao lago de Doniños, onde se explicarán aos asistentes as súas características e evolución ao longo do tempo, para, despois, no Aulario da UDC no Campus de Esteiro, amosar aos participantes as técnicas de estudo utlizadas e diversas mostras para a súa observación ao microscopio.

Gratis