Circo e contacontos | A Bela Auria
Fecha y hora
Espectáculo de novo circo con Circanelo, e sesión de contacontos con Anxo Moure
Acerca de este evento
12h00: Circanelo. Espectáculo de novo circo da compañía Fredi e Cía.
Circanelo é teatro xestual, danza e acrobacia; é espontaneidade, sorpresa e diversión; entusiasmo tenrura e enxeño. É un personaxe de varios recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro de clown para crear unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo, custe o que custe.
12h40: O Nubinete e o paraugas Dameaugas. Sesión de contacontos con Anxo Moure.
O Nubinete do paraugas Dameaugas chega á Bela Auria nunha homenaxe á infancia, á diversión, aos parques, aos patinetes e a D. Juan de la Coba, co seu invento máxico do paraugas universal!!
Preparados, listos, xa... despegamos acompañados por unha intérprete para lingua de signos. Anímate a voar!
________________
A entrada inclúe o pase para ambos eventos.
MEDIDAS COVID NA BELA AURIA.
CONTAXIEMOS SEGURIDADE.
MEDIDAS COMÚNS PARA TODO O RECINTO
MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA AS ACTIVIDADES