Formadores en Scratch

Formadores en Scratch

Panel Acciones y detalles

Ventas terminadas

Fecha y hora

Ubicación

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n

15071 A Coruña

Spain

Ver mapa

Descripción

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, ven realizando nos dous últimos anos, actividades formativas e actos relacionados coa ferramenta Scratch. Estas accións perseguen eliminar mitos en relación á programación informática, introducir aos asistentes de forma lúdica e diventida no mundo da programación, coñecer a contorna de programación e aprender a desenvolver videoxogos coa ferramenta Scratch.

De cara a novos eventos, faise preciso contar con formadores en Scratch.

Este evento pretende formar a persoas interesadas na materia co fin de dotalos dos coñecementos e ferramentas necesarias para que poidan actuar como formadores en eventos relacionados con Scratch.

Para este evento cóntase coa colaboración da Facultade de Informática da Coruña e o patrocinio da AMTEGA a través dun convenio de colaboración asinado co CPETIG.

¿Hai algún requisito para asistir ao evento?

Cumprir algún dos seguintes requisitos:

  • Estar colexiado no CPETIG ou no CPETIG
  • Formar parte do profesorado ou alumnado da FIC
  • Profesorado non universitario

Os asistentes comprométense, na medida das súas posibilidades, a asistir como formadores a un futuro evento formativo de Scratch que terá lugar na FIC o 7 de maio, dirixido a rapaces e pais.

¿Precísanse coñecementos previos de programación ou Scratch?

Non.

¿É preciso traer algo?

Sí, debes traer o teu portátil con capacidade de conexión wifi (non serven tablets ou smartphones).

¿Onde podo poñerme en contacto coa organización no caso de ter algunha pregunta?

Por correo (eventos@cpetig.org) ou no teléfono 630.778.003

¿Como accedo á Facultade de Informática?

Ver planos de acceso

¿En que aula terá lugar o curso?

A aula asignada para este curso é a 2.6w que está situada no andar 2 da FIC.

Guarda este evento

Evento guardado